XXXVIII Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia 2015

XXXVIII Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia 2015

11043005_10153174860301171_5700523153129308116_n
Venancio,Adrián,Diego,Irene,José,Sandra,Noa,David,Burgos Isma,Iago e Santi. Parte da representación do club.

O pasado día 22 de febreiro celebrouse o 38º Trofeo de Campo a Través en San Miguel de Oia, organizado de forma extraordinaria pola Sociedade Deportiva de Atletismo San Miguel de Oia, onde cabe sinalar o carácter gratuito da prova, e onde non se escatima en agasallos e trofeos,  sobre todo para os mais pequenos, que en algunhas categorías tiñan trofeo ata o oitav@ clasificad@.

A prova dende xa fai varios anos dispútase en Loureiro, Camiño da Verdella, nun enclave estupendo dende onde se pode disfrutar de unhas estupendas vistas sobre a Ria de Vigo. O circuito discurre sobre as fincas que as propias veciñas da parroquia ceden de forma altruista e xenerosa, para poder disputar este evento xa mítico no calendario de cros do panorama galego, é un circuito revirado que descorre todo sobre herva, e que é prácticamente chá.

O Club estivo representado na prova cunha númerosa participación dos nosos atletas. Participando en prácticamente tódalas categorías.

A carreira Absoluta discorria por un circuito de 1,6 Km. no que había que dar 5 voltas para completar os 8 km. dos que trataba a prova. O gañador non se definiu ata o último metro onde o atleta do Val Miñor Marco Antonio Valverde nun apuradísimo esprín lle arrebatou o primeiro posto o noso corredor Santiago López Rodriguez que quedaría no 2º posto, o resto da nosa representación; en 6º lugar entraría na liña de meta César Pérez, 7º Ismael Lago Monroy, 13º Diego Salgueiriño Maceira, 16º José Antonio Burgos, depois entrarían Venancio Paramo,  e Adrian Rey Estraviz que se estreaba na disciplina do campo a través. Na categoría Feminina estivemos representados por Sandra Sobreira que conseguiría o 3º posto na categoría Senior Feminino, e por Irene Sobreira que acadou o segundo posto na sua categoría.

En categoría Junior os participantes percorrian unha distancia de 3,7 km., aqúi tivemos o noso Iago Sobreira que subiu o podio no segundo lugar.

En cadete Masculino a distancia era de 3,15 km. a representación neste caso correspondeu a David Burgos que acadou un meritorio 6º posto.

Na categoría Infantil feminina Carla Guisande chegou a meta nunha estupenda 6ª posición, e na prova masculina Pablo Ameida rozou o podio o acadar a 4ª posición.

A distancia a percorrer nas categorías Alevín e Benxamín era de 1.075 metros, aquí os nosos atletas acadaron o 8º posto para Noa Burgos e Carlos Bautista en Alevíns , e novenos postos para  Sabela Guisande e Xabier Pérez, e na posición 31ª entraría Carlos Bautista Bugarín na caterogia de Benxamíns e en Prebenxamín Hugo Fontán quedoú 5ª.

A pena da xornada estivo na entrega de trofeos que por mor da choiva quedou un pouco deslucido, polo resto dar a noraboa a organización polo traballo tan ven feito, e que manteñan esta carreira no calendario por moitos anos.

Crónica:  César Pérez Novás

Share this post