XXXIV Carreira de Pascua de Padrón
O pasado sábado día 30 de marzo, disputouse no Concello de Padrón a XXXIV Carreira de Pascua., unha clásica dentro do circuito de carreiras populares galegas.
Desta vez, non logramos achegar moitos atletas á esta proba posto que se disputou nas datas de semana santa.
Previamente á carreira popular absoluta, celebrouse a carreira cadete-xuvenil. Nela percorríanse 4.000 m. e contábamos coa participación de Iago Sobreira García que rematou á proba na segunda praza cun tempo de 3:34 detrás de Pablo Monteagudo. Foi o noso primeiro podio.
Na carreira absoluta cubríase un circuito cunha distancia aproximada de 13.300 m..
O segundo podio do día déunolo Santiago López Rodríguez, quen despóis de estar encabezando a carreira durante os primeiros 10 km., culminou a proba absoluta na 2ª posición cun tempo de 43:39, chegando detrás de Uxío Abuín. Santi está en evolución ascendente dende a lesión que sufriu hai un par de meses e que o tivo parado durante algunha semana. Agora parece que está a coller ritmo de carreira, reservando as opcións para o medio fondo, onde é especialista.
Santiago López Rodríguez, segundo clasificado na proba absoluta.
No posto 117º ( 17º na súa categoría) apareceu Carlos Santos Argibay, quen rematou cun crono de 55:35.
Carlos Santos.
Posteriormente farían a súa entrada na meta Isaías Burlido Borrego, quen desta vez foi quen de rematar por diante do seu compañeiro Moncho Conde (compañeiros Irmandiños), facendo un crono de 1:04:24 e 1:04:39.
Quen volveu a facer un estupendo papel foi Irene Sobreira Castro, quen está a empezar a competir e foi capaz de rematar cun tempo de 1:13:14 facendo un 4º posto na súa categoría.
Isaías Burlido encabezando o grupo en carreira.
A nota negativa da xornada, foi o abandono de Sandra Sobreira, quen viña acumulando unhas molestias despóis da media maratón disputada en Euskadi. Preferiu deixar a carreira antes de que as molestias fosen a máis. Esperamos recuperala canto antes para poder voltar a subir ós podios. Ánimo Sandra!.
Abandono de Sandra Sobreira.
Tódalas fotos pertencen ó álbum de Google + de Xesús Rodríguez Carril.