XXVI Trofeo Reconquista de Vigo

XXVI Trofeo Reconquista de Vigo

O pasado domingo 31 de marzo, nunha mañá onde alternou choiva e sol, disputouse nas pistas de atletismo de Balaídos o XXVI Trofeo Reconquista de Vigo.

A representación do Club Atletismo Porriño foi para Iria Rodriguez Huertas, atleta da categoría cadete, categoría mínima para poder competir neste trofeo. Iria participou na proba dos 3000 metros lisos.

FOTO DE ARQUIVO DO CLUB: Iria Rodríguez Huertas na pasada edición da Milla Urbana Porriñesa.

 

Durante toda a carreira Iria foi detrás da gañadora, a actual campioa de España xúnior desta distancia en pista cuberta, Jenny Fernández, atleta do ano 94 (Iria é do ano 99). A nosa atleta marcou un tempo final de 10:41,44, chegando a tan só 5 segundos de Jenny. Hay que suliñar que a marca de Iria é a cuarta mellor marca de España cadete en pista ó aire libre desta tempada, e por suposto a mellor marca galega, nunha pista algo pesada pola choiva.

A marca ten moito máis mérito sabendo que, de luns a xoves, Iria estivo nunha concentración de fondo organizada pola Federación Galega de Atletismo en Vigo, con adestramentos de mañá e tarde. Ademáis o xoves pola tarde, venres e sábado estivo adestrando a natación.

Para ser a primeira vez que corría un 3000 ml. e dadas as circunstancias, non está nada mal a marca, pero estamos convencidos de que ten capacidade para baixar este tempo en bastantes segundos nesta mesma tempada cunha preparación e descanso axeitados para a competición.

 

Share this post