XIII Triatlón de Ferrol 2013
Xornada completa a deste pasado fin de semana en Ferrol. As probas disputadas foron cinco, Nada e Corre para as xovenes promesas, Triatlón Popular en formato supersprint para os non iniciados, triatlón sprint feminino e as dúas saídas das probas masculinas. A representación do clube nesta proba veuse comprometida ao coincidir coa media distancia de Caminha e por mor do desprazamento que supoñía esta proba no norte da comunidade. O día era perfecto para competir, a auga en condicións, a temperatura respetou aos triatletas e o vento xogou o seu papel na bicicleta. Na saída A, Iván Reguera quén saiu da auga retrasado e non conseguiu coller grupo de bicicleta nen por diante nen por detrás véndose penalizado no punto de retorno ao coller vento en contra. Finaliza a proba sabendo que hai marxe de mellora e tempo para logralo.
Ivan Regueira na transicion
Fotografía: Cristal
Pola contra, na saída B, Ismael Lago Monroy sae da auga nunha posición intermedia, suficiente para coller grupo de bicicleta e forzalo a tirar. O esforzo realizado veuse recompensado cando alcanzan o grupo que os precedía e entran na T2 para sufrir os derradeiros 19 minutos escasos. Remata nunha meritoria decimoitava posición cunha marca de 1:10:48.
Ismael Lago na carreira a pe
Fotografía: Cristal
Continuaremos sen dúbida coa nosa participación no campionato tentando gañar eses segundos que recompensan o traballo realizado nos adestramentos.
Agradecementos para Ivan pola crónica e Cristal polas fotografías