X CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA 2013
Fotografía: Ana Bugarín Coa chegada do verán empezan as carreiras nocturnas, esta vez a elexida, por parte de algúns dos nosos atletas, foi a X edición da nocturna de Celanova. A distancia a percorrer foi 7.800 mtrs polo casco urbán de Celanova, onde o ambiente foi fantástico grazas a organización e apoio incondicional dos veciños de Celanova. Salientar que fixemos tres podios na proba. Nas categorías de menores, David Burgos Argibay rematou en segundo posto na categoría infantil masculino despóis de cubrir un circuito de 1.600 m. A súa irmá Noa Burgos Argibay rematou terceira no circuito de 500 m. que percorrían as benxaminas.
Na categoría adulta, Rajaá Rizki quedou no segunda na clasificación xeral feminina.
Saída e chegada na praza do Mosterio de Celanova do seculo XVII e co remate final no seu claustro barroco ca entrega dos obsequios da proba. No previa da proba tocou cantar o cumpleaños feliz da nosa atleta Sandra Sobreira, Felicidades compañeira.