”WINTER IS COMING”

”WINTER IS COMING”

  

Domingo 27 de Xaneiro, atletas madrugadores desafían a noite no albor do día.

Sono e frío fan mella n@s pequen@s e non tan pequen@s. Agardaba unha ruta de 130 minutos pasando por Ripam Avia (Ribadavia), Aquae Urente (Ourense) e Saxa Intercisa (Montefurado) ata chegar a vila de A Rúa.

Nos agardaba o campionato Galego de campo a Través, Memorial Alejandro Lorenzo reservado para as categorías sub 10, sub 12 e sub 14.

Moito frío, ceos anubrados e choiva intermitente. Magníficas vistas no circuito habitual na zona, piso brando na maioría do percorrido e un par de zonas máis duras que non impedían a utilización de zapatillas e cravos curtos.

Comeza a andadura as 10:40 a categoría sub 10 cunha distancia de 0,8 km. Boa carreira de Tomás (ata uns minutos antes estaba en dúbida por unha dor nun nocelo) cun tempo de  3’13” e tamén de Aarón cun tempo de 3’33”.

Seguiron os sub 12 a percorrer unha distancia aproximada de 2 km onde Xabier fixo 8’26” e Laureano 9’29”. Queda mencionar que o pai de Xabier lle dixo que regulase por ser distancia longa, tanto regulou que rematou cun super sprint de 200 mtrs. E tamén Laureano se queixou das zapatillas de cravos, tamén lle dixo o seu pai que as puxera e non lle foi ben. (Benditos pais, si morderan a lingua…, mellor non que igual morrían envenenados…)

Primera participación de mulleres do clube na categoría sub 14 a percorrer unha distancia de aproximadamente 2 km. Uxía rematou cun tempo de 8’21” e María 9’46”. Uxía quedou contentísima pola mellora personal e María progresa no seu esforzo por abrir cada vez máis esa zancada. Superación persoal. Bravo rapazas.

Quenda das seguintes mulleres, categoría sub 16 cunha distancia de 2,7 km. Noa e Carmen sempre cun sorriso fixeron 11’07” e 11’29” respectivamente.

Última rapazada, categoría sub 16 masculina, a percorrer unha distancia de 3,9 km. Parella inseparable, super colegas, Carlos e Álex.  14’19” para o primeiro e 14’48” para o segundo. Bo traballo e satisfacción nas suas facianas.

Grandes tod@s @s rapaz@s do clube por disfrutar, sufrir, xogar e pasar outro domingo de convivio.

Pero claro, antigamente, igual que na actualidade, os tronos non se adquirían por merecemento, si non por autoridade divina e moral. Por autoridade moral adquiriron o trono do  I Campionato Galego de Campo a Través de relevos mixto o equipo formado por Patricia, Salgueiriño, Inma e Burgos. Décima posición oficial cun tempo total de 34’26”, sobre unha distancia de 7,8 km, aproximadamente 2 km por posta. Equipazo cunha media de idade de máis de 10 anos que o resto de equipos. Satisfacción personal de cada un deles por ter superadas con creces as súas expectativas. Bravo polo equipo, un exemplo a seguir. Patricia e Inma…¡¡BRAVAS!!

Que se prepare o reino. ”Atletismo Porriño is coming”

Share this post