VI triatlon de Pontenafonso Memorial Michel 2014
O sábado 4 de outubro celebrouse o VI triatlon de Pontenafonso Memorial Michel.
Trátase de unha proba popular feita en recordo de Michel, un chaval da zona que estaba volcado co deporte e que organizara a primeira edición deste triatlón ala polos anos 90 coincidindo coa festa da aldea, cando este deporte ainda non era moi coñecido.
Este é un dos motivos polos que os actuais organizadores lle gusta manter o seu caracter popular. Incluso facendo categorias de equipos por relevos, para que ainda q sexa facendo un solo sector todo o mundo se anime a participar.
Do noso club asistiron Brais Misa, Pablo Regueira e Santiago Romero.
A natación fixose esixente debido á forte corrente caracteristica na zona, neste sector os tres acabaron sen maiores problemas cada un dentro do seu nivel.
A bici foi máis movida xa que transcurria por un circuito totalmente mollado pola choiva e cun asfalto en algúns sitios bastante irregular. Brais como nos ten acostumados comezou a remontar postos coma unha flecha. Santi non tuvo demasiada sorte xa que despois de quedarse na primeira subida do grupo co que saiu da auga tivo que rodar practicamente solo, case a totalidade do percorrido. Pero a peor parte levouna Pablo, que tivo unha caida da que se puido recuperar e seguir pero cunha muñeca mancada.
Por último, a carreira a pé constaba de catro voltas a un circuito totalmente plano. Brais sigueu remontando quedándose a escasos segundos do podio, nun meritorio cuarto posto. Pablo conseguáa rematar a pesar de ter o corpo dolorido despois da caida, e Santi acababa contento cunha carreira bastante rápida dentro do seu nivel.
Pero…..o mellor foi ó rematar!!…nada de barritas e froita ( que tamen as había ): empanada de carne e bolos preñados en cantidades industriales para todo o mundo, paricipantes e público, o que fixo que hubera moita xente na entrega de premios facendoa moito mais vistosa. Si xa o din os máis vellos: onde dan comida, xente asegurada…..e menos mal que non daban viño!!!
Para min un triatlón moi ben organizado no que non faltou de nada e que consigueu con creces o seu obxectivo, de que ademáis da xente que xa disfrutamos deste deporte normalmente, moita xente da zona se animara a participar, tanto en individual como por equipos, promovendo o deporte sexa nadar, bici, correr ou as tres cousas xuntas!!!
Crónica: Santiago Romero Ons