V DUATLÓN CROSS DE MASIDE 2015
Onte pola mañá disputouse a segunda proba do Circuito Galego, no Concello de Maside provincia de Ourense, baixo a organización do club triatlón Beariz.
No sector de Btt, os cambios realizados no circuito fixeron as delicias dos participantes, que disfrutaron dun sector de auténtico Btt.
A carreira arrancou ás 11:06 cun ritmo tremendo. O terreo axudou cun kilometro costa abaixo no medio do circuito, pero todo o que se baixa, tiveron que volver a subilo. Dende o principio a proba masculina tivo unha intensa loita polo trunfo entre Darío (Team Corbelo) e Brais Misa, que finalmente, conseguía a victoria por nove segundos, facendo as delicias dos afeccionados.
No sexto posto entrou Kike Moran, todo un seguro en regularidade, e con Víctor Saa na posición vinteseis, conseguiron quedar segundos por equipos.
Na categoría feminina, María Martinez arrancou dende o inicio a pola victoria, cun gran primer sector de carreira a pé, onde se decidiu a carreira. No sector da btt solo tivo que administrar a súa ventaxe.
O resto da expedición David Alonso, David Oliviera, Pablo García, Pablo Soto, Pablo Regueira, Iván Reguera, Moisés, David Mariño e Santi Romero, conseguiron acabar con moi boas sensacións. A cruz foi para Felipe Mariño, que o venres entrenando caiu da bici e mancou o pulso, e e polo tanto non tomou a saída. Mañá de moi bos resultados, con primeiros postos nas dúas categorías, segundo posto por equipos, e sobre todo, que ninguén levou un golpe.
Noraboa a todxs elxs.
Crónica: Víctor Mouriño
Fotografías: Cristal e Nati Eiquí