37ª Carreira de San Martiño – Ourense 2013

37ª Carreira de San Martiño – Ourense 2013

Este ano estamos a notar moitísima presencia de xente nos adestramentos, e iso o vemos reflectido tamén nas carreiras populares principalmente nas clásicas. Solemos acudir ó mogollón. Hai compromiso co grupo, e iso mola.

Cando comentei polo club que íamos máis de 20 persoas á carreira de San Martiño, confundíame, porque estábamos preto dos 40 participantes. Unha mágoa que finalmente caeron Víctor, Pere, Juan Carlos, Toñi e Lito. Malditas lesións!.

Víctor levou o venres a furgo ata o club para sacarlle toda a merda acumulada no teito e  poder sacala de paselo cara ó gran evento da San Martiño en Ourense; espíritu domingueiro total!!!.

A verdade é que fáiseme moi raro ir a Ourense “fresco” e á primeira hora do día.Todos os recordos que teño son moi bos e ocurriron de carallada; por iso marchar para alá ás 8:30 da mañá cargado de xente na furgo do club para correr era moi estrano!.

Respecto das caralladas, comentaba un colega o outro día que tiña visto discotecas con xente como a que aparece nesta foto:

Foto de parte do grupo, xusto despois da chegada á liña de meta.

Tiña razón, pero agora as prioridades cambiaron; preferimos levar unha especie de medio disiclín, en vez dun cubata, de aí que nos confunda un pouco.

Despois de aparcar a furgo, xa en Ourense, chegamos a unha especie de oasis en medio de toda esta mediocridade….Había unha sociedade organizada. Xs “runners” acudían en masa a deixar a roupa, cambiarse, botar un pis… e todo ocurría dunha forma fluída e sin ningún tipo de mal rollo….normal, a organización era impecable!.

Despois de deixar as cousas no pavillón, marchamos cara ó punto de encontro para sacar a foto grupal. Como ben dicía Iván, un dos fotógrafos oficiais do club: “Dani ten que adestrarnos para sacar as fotos grupais”. Certo, temos que aprender deses clubs que organizan á xente na foto casi dun xeito militar….somos un pelín chambóns!.

Previo á saída, podíamos divisar alá ó fondo ós Irmandiños (Isaías e Conde) misturados entre a xente da categoría “Pro”, facendo os progresivos… Moita clase!. Algúns (Manu, Miguel, Manolo, Alberte e máis eu) preferimos sair con menos presa, arropados polo mariscal do club. Venancio é un tipo apreciado e respetado na familia. Persoalmente, tiña ganas de arrancar a carreira con él porque ven dunha lesión moi cabrona que o deixou de lado moito tempo. O pasou mal, por iso alégreime de correr un rato ó seu carón….ata que me atopei co meu cuñado e decidín acompañalo. Atoparte a un cuñado en medio dunha carreira con menos forzas ca ti, pode garantizarche que os teus sobriños deixen de putearte nun par de comidas, por iso decidín deixalo atrás. Por diante de nós, marchaban os “miuras” do club: Santi, como sempre entre os primeiros (rematou no posto 16º), e o resto da manada do club: Diego, Burgos, Roberto, Marcos, Rubén, Carlos Santos….eses andan a outra cousa. Como os compañeiros de saída xa me deixaron atrás, e como non teño moito espíritu competidor e sufridor decidín facer o que faría Otto, o piloto automático de Ted Striker; poñer velocidade de crucero para tirar cara á meta. Vamos, que non teño espíritu de superhéroe, máis ben de segundón!*.

Clubbers:

Santi López, Diego Salgueiriño, Burgos, Roberto Alonso, Marcos, Rubén Sío, Carlos Santos, Miguel Gil, Miguel Novoa, David Rollano, Venancio, Manu Frutas, María Martínez, Manolo López, David e Felipe Domínguez, Michi, Erun, Salgue, Isaías, Fonsete, Moncho Conde, Alberte Valverde, Rafa Cañada, Rafael Gutiérrez, Pablo García, Mónica Pena, Aurora Sousa, Cristina Bugarín, Carlitos Vidal, Noa e David Burgos e Yago Sousa.

Faltaban Pecas e Marcos Francés, que andaban a liala á mesma hora en Valencia.

Non me podo esquecer de dous compañeiros de batalla na diretiva. Unha estaba feliz tras rematar á súa primeira gran carreira!. Noraboa presi! ; a Víctor o botamos moito de menos….

Eiquí podedes consultar tódolos resultados.

Estas son as fotos que sacou Iván Reguera da carreira. Grazas, Iván!. Un tipo 10.

Fotos: Iván Reguera / Rubén Sío / Arquivo do Club / Internet

*Photoshop

Share this post