RIVEIRA ACOLLEU A PRIMEIRA PROBA DO PROGRAMA “NADA E CORRE”
O programa “Nada e Corre” da Federación Galega de Tríatlon comezou este domingo 03 de febreiro a dar os seus primeiros pasos coa disputa da primeira proba en Riveira, coa participación de máis de douscentos deportistas. As probas celebráronse no Complexo Deportivo A Feiteira.
Este programa está adicado á promoción das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete; ten como obxecto traballar a carreira a pé e de forma moi especial a natación, posto que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos.
As distancias a percorrer dependen das categorías:
Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.
Os gañadores das probas foron os seguintes:
Categoría benxamín: Elsa Pena Vicente (Atletismo Tui) e Roi Dopico Rey (Tríatlon Ferrol)
Categoría alevín: Andrea Vidal Lamas (Cidade de Lugo Fluvial) e Jorge González Mariño (Natación Riveira).
Categoría infantil: Raquel Ruíz Brage (Tríatlon Ferrol) e Mauro Paredes Romero (Club Natación Riveira).
Categoría cadete: Aroa Freije Torneiro (Cidade de Lugo Fluvial) e Andrés Cendón (Dexter Tríatlon Compostela).
“Nada e Corre” está formado por tres probas clasificatorias (Riveira, Vilalba e Vigo) e unha final. A final terá lugar o día 16 de marzo en Pontevedra, e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo.