Participación no XXXIX Trofeo Pedestrismo de Cangas

Participación no XXXIX Trofeo Pedestrismo de Cangas

O pasado domingo 02 de decembro, celebrouse o XXXIX Trofeo Pedestrismo de Cangas. Como vedes, os compañeiros Cangueses levan xa 39 edicións, e que sexan moitas máis; todo atletismo popular!. A novidade deste ano foi un novo recorrido, saindo dende o porto de Aldan hacia Cangas; alí fíxose un circuito urbano de 2 voltas ó centro Cangués.

Para o Club a participación foi todo un exito.

Nas categorías inferiores tivemos representación de 9 atletas. 4 deles conseguiron facer podiums. Laura Alonso, Javier Álvarez e Iria Rodríguez Huertas fixeron primeiros postos mentras que Yago López consegui un segundo posto.

Nas categorías de maiores, tivemos 10 participantes que fixeron 5 podiums. Santiago Rodríguez, que se proclamou gañador na Media Maratón de Vilagarcía a pasada semana, chegou en 2º posto na clasificación xeral (quedando 1º categoría de veteráns A) cun tempo de 31:30 min.. Foi arrebatado do 1º posto no último sprint despóis de levar a iniciativa en toda a carreira. Santi está nunha forma envidiable. No resto das categorías Ismael Lago Monroy fixo 3º na categoría Senior Masculina; Raja Rizki e Sandra Sobreira como nos teñen acostumados subiron ó podium na categoría Promesa Feminina, facendo un 1º e 2º posto respectivamente;Iago Sobreira quedou 2º na categoría Xuvenil Masculino.

Felicitamos ós nosos compañeiros de Cangas polo seu traballo!.

 

 

Santiago Rodríguez, como 1º na categoría Veteráns A.

Isma Lago, terceiro en Senior Masculino.

As nosas féminas Raja e Sandra 1ª e 2ª na categoría Promesa Feminina.

Podedes consultar as fotos da carreira no Álbum Picasa do Club.

 

Share this post