Participación de Iria co Club Atletismo Feminino do Celta
Iria Rodríguez Huertas, segunda na primeira xornada da Liga de clubs
Foto do arquivo de José Antonio Rodríguez
O pasado domingo, nas pistas de Monzón (Huesca), tivemos a Iria Rodríguez Huertas competindo co Club Atletismo Feminino do Celta, na segunda xornada da Liga de Clubs de Primeira División. Sen apenas descanso do Campionato Galego de Duatlón Escolar (chegamos ás 17 h de O Carballiño, despois de tres horas de autobús para ir e outras tantas para volver), unha viaxe de 14 horas noutro autobús esperaban esa noite a Iria e ó resto de expedicionarias. O sábado pola tarde para estirar un pouco as pernas e descansar, e o domingo a competir nun 3000 ml, acadando a terceira posición con 10.43. Aguantou ata tres voltas do final coa primeira, pero o cansanzo fixo que baixara un pouco o ritmo. De todas formas, axudou co seu esforzo para que o equipo se clasificase para a disputa do ascenso á División de Honra. Agora a descansar, porque esta fin de semana debe viaxar coa Selección Galega Cadete ata Málaga para a disputa do Campionato de España de Pista por CC.AA, onde participará na proba de 600 ml..