O Atletismo Porriño no Embrunman 2015
O mércores partían cara Marsella nove compañeiros do club. Oito deles, van participar no mítico Embrunman o vindeiro sábado 12 de agosto. Trátase dun dos triatlóns de longa distancia máis duros do mundo que se disputa nos Altos Alpes franceses, en torno á vila de Embrun. Na proba terán que nadar 3.800 metros, percorrer 188 km. en bicicleta, incluída a subida ó mítico Izoard (2.360 m. de altitude) e rematarán con 42,197 km. de maratón.
Rubén, o máis listo de todos, decidiu ir velos sufrir e irá informando de cómo trasncorre todo por terras francesas.
Agradecemos enormemente a Alberto Domínguez que exerceu de chófer na nosa furgo, achegando á xente ata o aeroporto de Porto.
Moitísima Sorte, compañeiros!!!.