Novas

XXVIII Maratón Popular de Dena 2013

Ismael Lago Monroy no podium do XXVIII Maraton popular de Dena 2013Fotografía: Asun Esta mañá celebrouse a XXVIII Maratón Popular de Dena (Meaño). Trátase dunha carreira popular de 8 km con perfil rompe pernas, onde as pendentes son continuas.Tomaron a saída 160 corredores. En carreira absoluta gañou Luis Calvo Castro do (Arcade Inforhouse), seguido de Daniel De la Torre Allariz ( San Miguel de Marín) e...

Probas da fin de semana

XIV Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay O domingo 17 de maio, ás  10:30  arranca a XIV Media Maraton Gran Bahía Vig-Bay, unha media maratón que une os concellos de Vigo, Nigrán e Baiona cun percorrido de 21097 metros. O club terá a representación de 15 atletas: Diego Salgueiriño, José Manuel Salgueiriño, Carlos Santos, Isma Pereira, Felipe Domínguez, César Pérez, Diego Pereiro,...

Fase Rexional do Campionato de España de Campo a Través da Policía

    Ismael Lago Monroy, no pasado Campionato Galego de Cross Curta en Santiago de Compostelafotografía: Archivo clube   O martes 12 de marzo disputouse en Valladolid a Fase Rexional de Castela e León do Campeonato de España de Campo a Través da Policía. Isamael Lago Monroy proclamouse campión de fase, sendo a primeira proba dos Campionatos...

VII 10 KM Cidade Universitaria CUVI 2013

O domingo celebrouse a VII 10 KM Cidade Universitaria CUVI 2013 que se disputou no Campus Univeritario de Vigo. Acudíamos a esta carreira con algunha baixa por mor do calendario da Media Maratón Vig-Bay. Moitxs dxs nosxs atletas, decidiron sair a facer unha tirada larga. Nesta carreira sempre tivemos unha alta participación dxs atletas do club. Desta vez logramos levar...

Malas novas dende Valencia

  Iria no Palau Velódrom Luis Puig de Valencia. Tal e como vos contábamos estes días, onte celebrábase o Campionato de España Cadete de Pista Cuberta, onde Iria Rodríguez Huertas participaba na proba de 600 m.. Comezaba Iria a segunda semifinal de 600 m. con unha mala saída. Pasados os 200 m. logrou colocarse terceira. Cando faltaban 80 metros...

Campionato de España Cadete en Pista Cuberta en Valencia.

Iria na participación na III Carreira Urbana Festas do Cristo 2012   Iria Rodríguez Huertas represéntanos no Campionato de España Cadete en Pista Cuberta que se celebra no Palau Velódrom Luis Puig de Valencia, participando na xornada do sábado á tarde na proba de 600 m.. Chega Iria cunha marca mínima de 1:40,86 conseguida en Oviedo no pasado mes...

VIII Carreira Xóvenes Atletas O Porriño

O domingo celebramos un ano máis a VIII Carreira Xóvenes Atletas de O Porirño. Esta proba se organiza entre os clubs e colexios adscritos á liga que organiza a Asociación Xóvenes Atletas. En todas as probas que organizamos facemos fincapé en que sexan só para cativos (Xóvenes Atletas, Duatlones Escolares, Carreira das Agüiñas) ou ben que ademáis de adultos estean...