Novas

XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade

O domingo 7 de abril, celebrouse a XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade, nunha mañá que a pesar do mal tempo contou coa participación de 13 atletas do Club Atletismo Porriño. A carreira comezou coa categoría benxamin feminino onde as nosas atletas Laura Alonso Gonzalez e Noa Burgos Argibay lograron a 3ª e 9ª praza respectivamente. Na categoría alevín...

MEDIA MARATÓN O CARBALLIÑO “FESTA DO PULPO”

  Santiago Lopez facendo os ultimos metros da probaFotografia: Ana Bugarin Hoxe naceu unha nova media maratón, cun circuíto mixto de asfalto e terra pola beira do rio Arenteiro, con un exixente desnivel. A carreira  disputouse a 3 voltas, que se fixeron mais duras debido as condicións climáticas de frío e choiva. O vencedor da proba foi  o noso...

Clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013

Representación de cativos e pais no clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013Fotografia: Romina   O sábado deu comezo  a tempada de duatlón  escolar. A primeira proba celebrouse no polígono Industrial Porto do Molle, no municipio de Nigrán; a segunda celebrarase  en Pontevedra e a final provincial a organizara o noso club o 5 de maio no casco urbano de...

Axuda a Jorge a Camiñar!

Jorge é o fillo dunha veciña porriñesa que no nacemento sufriu unha parálise cerebral que non lle permite ter autonomía propia. Existe un andador especial que lle permitiría ter a súa autonomía, puidendo poñerse en posición vertical e sentir así algo parecido a camiñar. O deporte, unha vez máis convérteuse nunha actividade solidaria. Os compañeiros do Basquet Coruña, xunto coa...

XXVI Trofeo Reconquista de Vigo

O pasado domingo 31 de marzo, nunha mañá onde alternou choiva e sol, disputouse nas pistas de atletismo de Balaídos o XXVI Trofeo Reconquista de Vigo. A representación do Club Atletismo Porriño foi para Iria Rodriguez Huertas, atleta da categoría cadete, categoría mínima para poder competir neste trofeo. Iria participou na proba dos 3000 metros...

Carreira Solidaria Gotas Por Níxer. CEIP Antonio Palacios de O Porriño.

  O CEIP Antonio Palacios de Torneiros, en O Porriño acheganos esta estupenda iniciativa que consiste na realización dunha carreira solidaria a favor dxs nenxs que non teñen acceso á auga potable. Día: venres 05 de abril. Lugar: Campo do Piñeiro - Torneiros (xunto ó C.C. Alba) Programa: 11:00 h.: Carreira de educación infantil. 4 anos e 5...

XXXIV Carreira de Pascua de Padrón

O pasado sábado día 30 de marzo, disputouse no Concello de Padrón a XXXIV Carreira de Pascua., unha clásica dentro do circuito de carreiras populares galegas. Desta vez, non logramos achegar moitos atletas á esta proba posto que se disputou nas datas de semana santa. Previamente á carreira popular absoluta, celebrouse a carreira cadete-xuvenil. Nela percorríanse 4.000 m. e contábamos...

36º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

O pasado domingo 24 de marzo, disputouse en San Miguel de Oia - Vigo a 36ª edición da tradicional Carreira de Campo a Través San Miguel de Oia. Acudíamos con participación en diversas categorías, conseguindo 3 podios. O primeiro podio do club foi para Xabier Pérez Sousa, que comenzou este ano a disputar probas e está facendo unhas magníficas carreiras....

Campionato de España de Campo a Través por CC.AA. e Universitario

O domingo 17 de marzo de 2013 disputouse en Ávila o Campionato de España de Campo a Través Universitario e o Campionato de España de Campo a Través por CC.AA. No Campionato Universitario participou, representando á Universidade de Vigo, a atleta do club Sandra Sobreira Otero, facendo unha gran carreira baixo unha intensa choiva, acadando...