Novas

52º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL DE VIGO 2013

  O pasado domingo celebrouse na cidade olivica a 52 edición dunha das probas de atletismo mais arraigadas  o noso entorno, a tradicional carreira do pavo, a cal este ano sufría algunha modificación, entre as cales se atopaba o cambio no percorrido que viña sendo habitual, desta forma ca estrea dun circuito que a pesares de ver incrementada a dureza...

II EDICIÓN DA SIN SON

Hoxe celebrouse a II edición dunha carreira con trazas de converterse en referencia co tempo, se siguen a progresión amosada. A carreira Sin Son, como dí o seu nome transcurre entre as localides costeiras de Portosín e Porto Do Son. O “slogan” da organización é: Corremos Mirando ó Mar. E ben certo, poucas veces podemos disfrutar de probas coma estas,...

Olimpiada Solidaria no Concello de Porriño

Nestas datas  de ledicia e reencontros das familias, non todos  poden disfrutar delas  pola súa situación económica; o  clube aportou o seu grao de area coa  participación na Olimpiada Solidaria do Concello do Porriño. Consistía nunha demostración das distintas modalidades deportivas que ofrecen os clubes do Concello; a nosa quenda foi as 11 da mañá no aparcadoiro da piscina, foi...

Cea de Nadal 2013

O pasado sábado celebramos unha das competicións máis caralludas do ano. Marchamos de Cea de Nadal!. Ás 20:45, e previo á proba, estivemos hidratándonos cunhas cañas no Bar 55, comezando así, unha das noites máis esperadas pola xente do Club Atletismo Porriño.. Ás 22:00, xa estábamos entrando no Bar Celtiña. O Bar Celtiña é o noso punto de encontro...

O Club Atletismo Porriño recibe unha axuda de Novagalicia Banco

    A sede porriñesa de Novagalicia Banco, ven de darnos unha axuda a pasada semana, trala solicitude de inclusión do noso club nunha campaña de patrocinio local. Calquera axuda, por moi pequena que sexa a agradecemos enormemente, posto que o noso orzamento é moi modesto e temos que facer números para chegar a fin de ano. Agradecemos pois...

CALENDARIO 2014 DUATLON CROSS

  Enrique Moran no sector da carreira a péFotografía: Victor Mouriño     Arranca a tempada cá modalidade de Duatlon Cross, moito nos gusta o barro. A disfrutar a tempada   CIRCUÍTO DUATLON CROSS 12 XANEIRO II DUATLON CROSS CONCELLO DE RIBADUMIA ...

III Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive

Un ano máis, as baixas temperaturas facíanse co protagonismo absoluto na antesala dunha nova edición da Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive. Presumíase polo tanto, unha noite xélida na tan particular e hospitalaria pedanía viguesa; toda a xelidez ía a menos a medida que transcurrían os minutos e a calor solidaria dos participantes que se achegaban facíase máis latente; un mar...

Cross Escolar do Concello de Mos.

    Un ano máis comezou a tempada de campo a través en idade escolar cunha proba disputada a carón do pavillón Óscar Pereiro en Mos. O Club Atletismo Porriño estivo representado por un total de 13 atletas nunha mañá de sábado un tanto fría, pero soleada. A mañá iniciouse coa proba benxamín feminina na que nos representou Uxía...