NORTHWEST TRIMAN AS PONTES 2014
O domingo 15 de Xuño de 2014 para Enrique Morán, Víctor Mouriño, Miguel Fernández e Santiago Romero estaba marcado no calendario en “roxo” dende hai moitos meses. Daba a impresion como de que nunca ía chegar….pero ao fin chegou e xa non habia volta atrás, acabouse o de dicir “vou facer un Aironman”; agora tocaba agarrar o touro polos cornos, e demostrar o que cada un a sua maneira e con obxetivos moi diferentes levabamos tanto tempo preparando.
Do sabado non non hay moito que dicir, pero xa se palpaban os nervios cando estabamos escoitando a charla técnica sentados na herba.
E ao fin chegou o día, nos momentos previos a saida cando nos estabamos poñendo o neopreno as palabras sobraban e o medo ao fracaso estaba no aire, pero xa sabemos como e eso, e dar a salida tirarse a auga e todas esas sensacións negativas esfumanse no momento.
A natación na miña opinion foi fácil. O lago estaba calmo e sen ningun tipo de corriente. Podese dicir que foi un tramite comparado co que faltaba.
Tocaba o plato forte. A bici é a que pon a cada un no seu sitio. Ó pouco de sair adiantoume Miguel que saiu da auga un pouco despois ca min. Démonos ánimos e cada un sigueu facendo a súa carreira: Kike coma un avion na bici recuperando os minutos perdidos na auga, Víctor aguantando na bici despois dunha gran natación, Miguel defendendo o posto demostrando gran regularidade, e eu vendo pasar bicicletas coma foguetes, pero clavando a miña media planeada de 25km/h.
E de postre a Marathon. Eso xa non sei como o levou cada un!. O sufrimento e unha cousa que cada persoa vivimos de forma diferente. Esta foi a miña maneira de sufrir, animando a todo mundo a tope… controlando reloj, agora toca andar, agora toca correr….meterse un pouco coas chavalas dos avituallamentos….coller forzas para pasar levantando rodilla por onde o publico ao completar unha volta….e asi gotiña a gotiña foron pasando os km.
E finalmente chegou a hora de cruzar a meta….eu creo q os meus compañeiros estarán de acordo nisto. O que pasa pola cabeza nese momento é indescriptible e vale cada minuto de sufrimento na carreira e cada hora de entrenamiento ao longo do ano. Animo a calquera a intentalo esa sensación non se pode contar hai que vivilo!, e si eu puiden facelo pode calquera.
Cando entrei na carpa alí estaban os meus tres compañeiros cunha sonrisa de orella a orella (coma a miña). Rematáramos todos contentos co noso resultado individual!!!…si nolo contan o sábado non o cremos!!! (polo menos eu). Só podo darvos as gracias por esperarme, esos momentos son os que fan de este tipo de proba algo especial… os catro nos sentiamos gañadores.
Agradecer a todo o mundo que nos veu animar en especial a Cristal, Iván e Ana. A min polo menos dechedesme alas!!!. Cada vez que completabamos unha volta nos diferentes sectores con toda esa xente poñíansenos os pelos de punta. E os que non estabades físicamente tamén porque éramos perfectamente conscientes de que todo o clube estaba con nós!!
Esto xa e cousa miña…..gracias compañeiros por facerme os viernes tan amenos conseguindo que baixar a Porriño para entrenar con vós sexa un pracer, e a ti Dani porque esas catro cousiñas que aprendin son a diferencia entre un flipado que se apuntou a un Aironman e un FINISHER.
Crónica: Santiago Romero Ons
Fotografías: Cristal y Ana
Comment (1)
Muchas felicidades a los cuatro!!!!!!!!!!! sois la leche.
Comments are closed.