North West Triman de As Pontes 2015

North West Triman de As Pontes 2015

 

Antes de comezar a crónica quixera mostrar o meu agradecemento ós compañeiros da sección de triatlón por acollerme como un mais e nomeadamente a Victor e Dani por poñelo todo moi doado para tramitar inscricións ou, como nesta ocasión, recollendo e levando na furgoneta a miña bicicleta.
IMG-20150627-WA0002
A diferenza de outras probas curtas e debido á realización da proba de distancia larga, que todos coñecemos como Ironman pero que non podemos chamar Ironman por ser marca rexistrada duns organizadores, había que deixar a bici na zona de transición xa o sábado e alí cheguei eu ao tempo que a furgoneta do clube co resto de compañeiros e compañeiras. Fixemos os tramites haibituais de recollida de dorsais, deixar a bici no seu lugar e facer un pouco de vida social cunhas cervexas polo medio aproveitando o fantástico día veraniego que ia.
Sobre as 20h divimos o grupo e Victor, David, Antonio e Enrique marcharon durmir a Ferrol onde tiñan reservado aloxamento mentras que Sandra, Irene e mais eu optamos pola opción de durmir no Pabellón Municipal de Deportes que a organización puxo á nosa disposición co almorzo incluído.
Durmín mais ben pouco e mal debido á calor que ía no pabellón, a non ter unha cama en condicións e aos ronquidos dalgúns veciños.  Sobre as seis da mañán o despertador soou e almorzamos cunha boa cunca de café pola miña parte. Chegamos ao lago as 7:30 nunha mañán bretemosa e con algo de poalla mentres os da distancia larga xa estaban na auga e tivemos que agardar a que fixeran a súa transición para poder entrar nos boxes e prepararnos. Ás 9:30 comezou a proba cos 1900m de natación no lago que estaba calmado e cunha temperatura estupenda na auga.
IMG-20150628-WA0009
Disfrutei moito nesta sección e penso que foi a primeira vez na que sentín que ía no medio do grupo e podía seguir os pés de outros nadadores.
A sección de bici comezaba con algo menos de 2 km de subida para continuar contobogáns mais ou menos cómodos ata Vilalba onde xirábamos para regresar. Tiven aalgunhas molestias na perna dereita que non me deixaron ir todo o cómodo e rápido que me gustaría e así fun controlando ata a segunda transición. Na carreira a pé sempre vou mellor pero saín con precaución xa que o sol aparecía xa e a calor comezaba a molestar. Fixen a carreira de menos a mais como sempre e nos quilómetros finais adiantei bastantes corredores, cousa que sempre anima moito 🙂
Ao final 3h 09m e posto 142 da xeral pero sobre todo satisfación por rematalo e disfruutalo moito.
Os compañeiros demostraron que hai moito nivel neste equipo….e bastantes anos menos 🙂
Enrique Morán 6º clasificado (2h 32m 06s)
Antonio Toucedo 22º (2h 40m 35s)
David Oliveira 33º (2h 43m 53s)
e, Sandra Sobreira 9ª muller e 3ª Sub23 (3h 13m 20s)
Moitos Parabéns a todos e moita forza a Victor que preferiu parar na carreira a pé por mor dunhas molestias e gardar as enerxías para retos mais potentes que ten en breve.
Na larga distancia participou tamén o compañeiro Jorge Méndez que non puido rematar aínda que descoñezo o motivo. Forza e ánimo que logo de preparar unha proba tan dura ten que fastidiar moito non poder rematala.
Próximo obxectivo: o Medio Ironman da Coruña a finais de xullo (ui !!! non podo dicir Medio Ironman que non está organizado por Ironman :-).  Será un Media Distancia ou un 70,3 que din os americanos pola distancia total en millas)
Crónica: Fernando Abreu
Fotografías: Irene Sobreira

Share this post