NOVAS NORMAS DO “NADA E CORRE 2013”

NOVAS NORMAS DO “NADA E CORRE 2013”

A Federación Galega de Triatlón comunicounos o dia 05.02.2013 que modifican a normativa do “Nada e Corre” ( no primeiro punto, xa que este ano non cubre o seguro de XOGADE ós participantes nestas probas, polo que xs atletas deberán dispoñer de licenza federativa ou facer licenza dun día).

 

  • Nas probas só se poderá participar con licenza federativa ou facendo licenza por un día (custo 12 euros). Categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

  • Celebraranse 3 citas clasificatorias e unha final. En cada proba clasificatoria poderán participar tódolos deportistas dos Clubs Galegos que o desexen.

  • Para a final Galega clasificaranse os 4 primeiros de cada proba por categoría e sexo, non computando os xa clasificados en probas anteriores.

  • En cada proba outorgaranse medallas acreditativas ós 3 primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría.

  • Na final autonómica entregaránselle trofeos ós tres primeiros clasificados  masculinos e femininos de cada categoría. Tamén haberá clasificacións por equipos (co mesmo sistema que a clasificación do Cpto. Galego de Tríatlon de Categorías Menores).

  • Cada proba consistirá en nadar e correr. A natación efectuarase en series por categoría e sexo tratando de conformar as mesmas en base ós tempos de nado que estimen os adestradores. Na final estableceranse as series en función das marcas das xornadas previas.

  • Na carreira realizarase unha saída por categoría e sexo saíndo todos á vez. Cando nunha categoría saían máis de 20 cativos poderá haber unha saída A e outra B con igual número de cativos, segundo o orde da clasificación da natación. A clasificación final será o resultado da suma de tempos da carreira e da natación.

  • Distancias:

Benxamín 50 metros natación 500 metros carreira

Alevín 100 metros natación 500 metros carreira

Infantil 200 metros natación 1000 metros carreira

Cadete 400 metros natación 2000 metros carreira

  • Calendario:

1ª Proba clasificatoria: 03/02/2013 en Riveira

2ª Proba clasificatoria: 23/02/2013 en Vilalba (Lugo)

3ª Proba Clasificatoria: 10/03/2013 en Vigo

Final: 16/03/2013 no CGTD (Pontevedra)

  • Inscricións:

Ata o martes anterior á proba, enviándoa á Federación a través de email (fegatri@hotmail.com) ou  fax (982 109 800).(Nota: enviando nun Excel o nome, apelidos, data de nacemento, club e tempo de natación).

Para as licencias de un día hai que enviar a copia do DNI e do xustificante de pago.

  • COMUNICACIÓN DE BAIXAS: Estas deben ser comunicadas antes das 20:00 horas do mércores anterior á proba (moi importante para a organización tanto da proba como do transporte).
    O Club que teña un número de baixas do 25% ou máis (que non foran comunicadas) queda sen poder participar na seguinte proba.

*** A Federación asumirá os gastos de: medallas, trofeos, xuíces e transporte (sempre e cando se trate de grupos con un número mínimo de persoas e dende a mesma localidade).

 

Share this post