3ª Milla Urbana Concello de Padrón e Campionato Galego de 1.000 en Ruta
Hoxe tiña lugar en Padrón a celebración da 3ª Milla Urbana Concello de Padrón que se englobaba dentro do Campionato Galego Absoluto de Milla en Ruta dende as categorías cadete ata veterán. Así mesmo disputábase o Campionato Galego de 1.000 m. en Ruta para as categorías dende benxamín ata infantil.
Tiñamos a varios atletas participando, todos eles con opcións.
Yago López Sousa, que participaba na proba alevín, onde se proclamaba campión de Galicia dos 1.000 m. en ruta cun tempo de 3:30 o km.
Foto de arquivo do club. Yago López Sousa na pasada Interrunning de O Porriño
Iria Rodríguez Huertas, que se andaba con algunha reserva para unha proba crucial que tiña esta mesma tarde (Campionato Galego Cadete de Pista AL), tamén competía na proba cadete e xuveni. Neste caso, Iria corría como cadete. Chegaba en 4ª posición quedándose a piques do podio, pero clasificándose como mellor galega cadete e campioa Galega nesta modalidade. Debemos destacar a victoria da nosa amiga Uxía Pérez Bugarín do Atletismo Tui – Thermalia.
Foto de Moses. Iria Rodríguez Huertas disputando a proba cadete e xuvenil
Na proba absoluta masculina onde se impuso Victor Riobó, participaba Diego Salgueiriño, conseguindo un estupendo posto 18º, cun tempo de 4:59. Un tempazo.
Foto de Moses. Diego Salgueiriño (dorsal 77) disputando a proba absoluta masculina
Agradecementos polas fotos ó foreiro Moses da páxina de correr en galicia. A foto de Yago é unha foto de arquivo do noso club.