IV Duatlón Concello de Noia 2015

IV Duatlón Concello de Noia 2015

O sabado 28 de Febreiro celebrouse en Noia a primeira proba do Circuito Galego de Duatlón de estrada. Dende dias antes xa se sabía q as condicións climatoloxicas podían endurecer e complicar a prova, e así foi.

O circuito de carreira a pé erá integramente polo paseo marítimo, totalmente plano, polo que os ritmos acadados foron altísimos, quizas demasiado, o que da a pensar que o que mideu a distancia non estivo moi acertado…… O circuito da bici era de ida e volta polo mismo traxecto, primeiro unha gran recta e logo unha “subidiña”…… e xiro nun cono para baixar e afrontar a recta no sentido contrario.

A priori era sinxelo pero as condicións meteoroloxicas puxerono complicado polo que habia que ir con moito coidado e ser fino coa bici si non querias acabar no chan. A primeira saida foi a masculina sen corte na que participaron Pablo e Santi, anvolos dous remataron sin problemas e con boas sensacións.

Despois tocavalle as chicas onde nos iva a representar María pero os dias anteriores a proba non se encontrou moi ben polo que decideu reservarse, pero non por eso deixou de animarnos durante toda a proba.

Para finalizar o plato forte da tarde a carreira elite masculina. Nela participaron Brais, Isma e Diego, acadando a 2°, 14° e 52° postos respectivamente. Destacar a actuacion de Brais que xa nos ten acostumbrados a quedar moi arriba, pero nesta ocasión fixo un autentico carreiron, primeiro aguantando sin perder demasiado tempo o ataque dos dous rapidísimos favoritos e logo nun sector de bici estratosferíco rebasando a un deles é sacandolle a diferencia suficiente para non ser pillado na última carreira.

Brais Misa no segundo caixón
Brais Misa no segundo caixón

O mais importante do día foi que acabamos todos contentos e sin levar un golpe, que xa é bastante tal como estaba o circuito. Para min é un placer correr cerquiña da casa ( ainda que cando corro en Porriño tamen parece que o estou) e ver que a pesar do mal tempo era abundante a xente por todo o percorrido animando en todo momento, e eso todos sabemos q se agradece moito. A seguinte proba do circuito celebrarase o 7 de Marzo en Guitiriz.

Crónica: Santiago Romero Ons

Fotografía: Santi

 

Share this post