7ª Interrunning 2013 en O Porriño

7ª Interrunning 2013 en O Porriño

 

Parte do grupo que respresentou ó Club Atletismo Porriño na Interrunning.

Fotógrafo: Rafa Pérez, presidente do Club Atletismo Tui – Thermalia

 

Onte xogábamos na casa!.

Celebrábamos a sétima edición da Interrunning. Esta carreira dende fai anos (onde o club colaboraba coa organización) é seguida por todos nós de forma incondicional.

Exceptuando un grupo de triatletas que tiña pendente unha proba en Lugo, acercámonos unha boa representación do noso club, tal e como o levamos facendo dende o inicio desta proba. Entendemos que toda iniciativa deportiva que se desenvolva no noso pobo merece un apoio total.

Debemos felicitar á organización xunto cos voluntarios posto que todo resultou desenvolverse de xeito impecable!.

Nas categorías menores cubríanse varias distancias: 800 m. en benxamines, 1.500 m. en alevines e 3.300 na proba infantil e cadete.

Na categoría benxamín feminina, Laura Alonso González que ven de proclamarse campioa galega de 500 m. e subcampioa de 50 m. en pista cuberta, conseguiu gañar a proba seguida de Aldara Fonseca e Sofía Fernández. En 24º posto facía a súa chegada Laura María Mira Juárez.

Carla Guisande Vieito lograba o 13º posto na categoría alevín feminina.

Na categoría alevín masculina Yago López Sousa, actual campión galego de 50 m. e subcampión de 1.000 m. en pista cuberta, logrou subir ó podio en segunda posición detrás de Pablo Pérez Lovaco que foi o gañador da proba. Iván Porto Fernández (9º), Pablo Almeida Seoane (14º) completaban a participación do club nesta proba.

Na carreira infantil masculina, levávamos a Sergio Alonso González como representante, quen logrou un 9º posto na clasificación.

Respecto a carreira cadete masculina, Xesús Conde García logrou un meritorio 15º posto.

 

Xa na carreira de maiores, tivemos unha ampla representación de corredores presentando máis de 25 atletas que tiñan que percorrer unha distancia de 10 km. en total. O circuito urbano que se leva a repetir nos últimos anos, é un circuito rápido que consta de tres voltas ó centro urbano do Porriño.

A participación, polo xeral resultou un éxito, posto que xs atletas lograron mellorar as súas marcas tanto na proba da Interrunning como na distancia de 10 km.. Sen dúbida, o traballo que están a levar Daniel Mouriño e Alfonso Conde como adestradores está a dar os seus frutos proba tras proba.

Antes de ir co grupo xeral, falaremos dos podios conseguidos en diferentes categorías contidas na carreira absoluta, onde Diego Fernández Fernández, logrou subir nos segundo posto da categoría xuvenil masculina detrás de Adrián González.

Sandra Sobreira Otero que corría na categoría promesa feminina, logrou subir no primeiro posto do podio. Este ano, Sandra está a consolidar unha progresión conseguida en tempadas anteriores onde os podios son constantes. O segundo posto foi para unha filla predilecta do club, Samia Zahidi, atleta que representou ó club no pasado de forma extraordinaria e que esperemos que volte connosco no futuro.

Respecto do resto de participantes, César pérez novás foi o noso primeiro representante en pasar por liña de meta no posto 10 º da categoría veterán masculina e posto 23º da clasificación xeral cun tempo de 34:16, que mellora a súa marca persoal nesta carreira.

Juan Carlos Vidal 7º na categoría superveterán masculino rematou nun posto 40º da xeral cun tempo de 35:08 que tamén mellora as súas marcas.

Diego Pereiro Alonso, quen rematou en segundo posto a semana pasada no Campionato de Cross de Chenlo rematou en posto 49º da xeral cun tempo de 35:28.

Manuel Fernández Pereiro (Pere) quen quedou 18º na categoría superveterán masculino, pasou a meta cunha estupenda marca de 37:24.

O resto da participación se pechou da seguinte maneira:

Marcos Fernández Carrera (138º) con 37:39, Raúl De La Cuz Sánchez (160º) con 38:05, Alberto Domínguez Lemos (168º) con 38:10, Pablo Soto Álvarez (183º) con 38:21, Carlos Santos Argibay (196º) con 38:26, José David Vila Abreu (Sevi) (231º) con 39:01, José Carlos Gago Dorna (261º) con 39:22, Diego Salgueiriño Maceira (262º) con 39:22 pese a ter que parar 3 minutos por molestias, Miguel Ángel Gil González (335º) con 40:19, Felipe Domínguez Mariño (384º) con 41:02, Alfonso Conde Figueroa (Fonsete) (388º) con 41:05.

Miguel Ángel Novoa Rodríguez, David Rollano Vilaboa, Manuel Martínez Fernández e Carlos Vazquez Vilar e Venancio Paramos Pérez chegaban á liña de meta formando unha grupeta nun tempo de 41:15. Debemos destacar a volta á competición de Venancio despóis de estar un longo tempo parado por lesión.

Posteriormente facía a súa chegada José Manuel Salgueiriño, Carlos Álvarez Ávila (561º) con 43:07, José Miguel Fernández Cruz (652º) con 44:02, Isaías Burlido Borrego (735º) con 45:10, Adrián Rey Estraviz (1040º) con 49:14, Rafael Cañada Casales (1138º) con 51:25 e Mónica Pena Acuña (1179º) con 52:35 entrando da man con Irene Sobreira Castro.

Noraboa a toda a familia atlética porriñesa en tódolos ámbitos, tanto ó noso club como neste caso á organizadora Piñeiro Sport.

Para o ano máis!.

 

 

Share this post