III Travesía o Fisgon, Moaña 2013
Aproveitando a festividade do 15 de agosto, cando toda Galicia está de romaría en romaría, o Club Rriatlón do Morrazo, organizou a terceira edición da travesía o Fisgón, sobre unha distancia de 1900 mtrs.
Trátase da distancia de moda, ó ser a distancia a nado dos triatlones de Media distancia, proba preparatoria para o 15 de setembro cando se celebra a primeira edición do Desafio Illas Cies, (Vigo) na mesma distancia.
A participación foi numerosa, superando os trescentos participantes. Houbo moita calidade nos participantes. O podio masculino foi, para os triatletas de nivel internacional como Antón Ruanova (1º), Uxío Abuin (2º) e Diego Paz (3º). Entraron todos xuntos, polo que o resultado puido ser calqueira.
A participación dos nosos triatletas foi numerosa e moi satisfactoria para todos eles, ainda que tiveron dúbidas co percorrido.
Obsevando o percorridoFotografía: Ana Bugarín
Na fila varios dos nosos triatletas Fotografía: Ana Bugarín Repasando as anécdotas da proba