III DUATLÓN CONCELLO DE RIBADUMIA 2014
Hoxe domingo 28 disputouse a III Edición do Duatlón Cross de Ribadumia, con numerosa participación. Máis de 180 participantes disfrutaron dun magnifico día para realizar a proba, mellorando as condicións das edicións anteriores, onde a choiva e o barro foron os protagonistas.
O sector da carreira a pé foi moi rápido, comandado en todo momento por Brais Misa e Marcos Mayo que estiveron xuntos ata o sector da btt.
O sector en btt tiña un percorrido estreito, onde os adelantamentos eran imposibles e os dobrados xogaron un papel importante. Neste sector, unha inoportuna caída de Brais, relegouno á terceira praza. Por diante, un intratable Marcos Mayo marcou un ritmo que ninguén puido seguir.
Por detrás, kike Moran foi remontando, facendo unha magnifica carreira a pé final, acadando o cuarto posto.
Destacadas foron as participacións dos novos na modalidade, como Javi Gorgo, David Oliveira e Pablo Regueira e dos clásicos David Alonso, David Mariño, Isidro Mariño, Santi Romero Ons e Pablo García. A cruz foi para Sergio Pérez, xa que unha lesión privouno de rematar a proba.
Os cambios realizados na proba provocaron numerosas incidencias entre os participantes da proba. A organización da proba estivo en todo momento desbordada, ata o punto de haber un corredor no sector da bici sen casco, ou corredores a pé co casco na cabeza así como zoas moi estrechas no sector da bici e un acceso doado á zoa do material dos duatletas en calquera momento da proba. Para rematar, o mal detalle de non ter auga para beber ó final da proba.
Probas sí, pero no de calquera maneira polo ben do participante!.
Fotos da proba eiquí.Crónica: Atletismo Porriño