II TRIATLÓN CONCELLO DO PORRIÑO 2014

II TRIATLÓN CONCELLO DO PORRIÑO 2014

Arranque da proba en Tui

 

O sábado disputouse a segunda edición do triatlon do Porriño, todo un acontecemento para o noso club que arrinco o martes coa presentación e continuo o sábado pola mañá coa celebración do minitriatlón que ano a ano vai gañando mais trileriños, o futuro deste deporte tan espectacular e divertido.
Esta segunda edición era un novo reto polas expectativas creadas o ano pasado e non defraudo a ninguén.
Este ano varios atletas do club deron o salto ao triatlón, moitas risas nos entrenos que terminaron coa incerteza do inicio da proba nas augas do Rio Miño.
O tempo deu unha tregua aos 426 participantes e déixoos gozar da proba sen pasalos por auga. Deus queria ver triatlón.
Ás 16:36 arrinco a proba nas augas do Rio Miño, onde o vento levantaba un pouco de ola que fixo que moitos dos participantes se hidrataran de mais,unido ás loitas  titanicas en cada boia fixo o sector da natación un pouco mais duro do normal.

Arranque da proba donde todos recibieron pero nadie deu

No sector da bici o club tivo os dous mellores parciais, nótase que somos terra de ciclistas. Circuíto rompepernas cunhas rampas do 5% que rompe coa rutina dos circuítos planos de ir en grupo e que tirar sempre os mesmos.
Na entrada da transición á carreira a pé os triatletas séntese nun ambiente de cita importante co numerosos publico agardando e  ánimando para que cada un dos participantes cumpra cos seus retos persoais.

Preparando a táctica de equipo

Enhorabuena para todos os nosos trileiros polos bos resultados conseguidos na proba de casa e unha pronta recuperación para Ivan Reguera que unha caída no sector da bici impediulle terminar.

Contando as batallas da proba

Mención especial para Carlos Alvarez, Jose Salgueiriño,Sergio Perez,Marcos Frances,Jorge Masso,Ruben Sio e Daniel Mckay que se enfrontaron ao seu primeiro triatlón.
Grazas a Jose Angel polo apoio logístico e a Cristal e Ana polo reportaxe fotográfico.

Share this post