II Carreira Popular e Canicross Alejandro Gómez

II Carreira Popular e Canicross Alejandro Gómez

Onte domingo 13 de outubro, disputouse a II Carreira Popular e Canicross Alejandro Gómez en Zamáns, na que o Club Atletismo Porriño estivo representado por varios atletas.

Este ano, o percorrido da carreira variou respecto o do ano pasado, ainda que foi igualmente duro, con subidas e baixadas pronunciadas pero sin deixar de ser un circuito divertido e ameno pola súa combinación de terra e asfalto.

En primeiro lugar, anunciouse a saída da carreira de canicross, onde os donos acompañaron ós seus cans en dúas modalidades: carreira e bicicleta.

Seguidamente, deuse paso á carreira absoluta de 10 km., que tivo a súa saída conxunta coa de 5 km. a iso das 12:00 da mañá. Os nosos representantes na carreira de 10 km. foron: Ismael Lago Monroy, que cruzou a meta no posto 8º da xeral e 2º na categoría senior masculino; Sandra Sobreira, chegando 3ª das féminas e 65ª na xeral; Isaías Burlido e José Ramón Conde cruzaron a meta no posto 78º e 81º respectivamente.

 

Sandra Sobreira, terceira na absoluta feminina

Na distancia dos 5 km. sobresaiu Iago Sobreira, que conseguiu chegar 3º na xeral e tamén na súa categoría (xuvenil/xunior). Antonia Ozores chegou a 27ª na xeral.

 

 

Iago Sobreira, terceiro na absoluta e na súa categoría.

Agradecemos o esforzo dos nosos atletas, posto que algúns deles participaron en outras carreiras o día anterior.

 

 

Crónica: Sandra Sobreira.

Fotos: Ricardo Sotelino (yamahawar)

Resultados:

Podedes consultar eiquí os resultados da carreira de 5 km.

Podedes consultar eiquí os resultados da carreira de 5 km.

 

Share this post