I DUATLON CROSS DE RIBADUMIA 2013

I DUATLON CROSS DE RIBADUMIA 2013

Duatlon Cross Ribadumia 2013
Fotografía: Ana Bugarin

Hoxe pola mañá deu comenzo a tempada de duatlón cross 2013; a primeira cita, Ribadumia.

A carreira a pé, técnica e moi dura; un autentico cross onde os pes desaparecían no medio do lamazal e as costas eran continuas. Unha autentica montaña rusa.
Os 20 km de bicicleta de monte non foron menos esixentes. Moitísima lama e un repeito de ramas e pedras cun zigzag diabólico que facia que os corredores foran ó chan en calquera xiro.
E a sorpresa final. Os 2 derradeiros Km. foron noutro circuíto no que o lamazal chegaba ós  xeonllos. Puro espectaculo o vivido hoxe en Ribadumia, onde Enrique Moran conseguiu o 3º posto da xeral nunha magnifica desmostracion de forza e técnica.
Destacar a magnifica actuación de Manuel Caramés, e do resto de corredores do club que remataron a proba, David Mariño, Pablo García, Anxo Pazo, e Miguel Fernández.
Mala sorte para Felipe Mariño, retirado por problema mecánico e Victor Mouirño, por lesión.

 

Share this post