I DUATLÓN CONCELLO DE O PORRIÑO 2013

I DUATLÓN CONCELLO DE O PORRIÑO 2013

Parte dos noso atletas e trileros, suas caras o din todo
Fotografía: Ana Bugarín

No marco das festas patronais do Cristo de O Porriño, o Concello organizou o 1ª Duatlón Concello de O Porriño, un evento máis dentro do extenso programa deportivo que se celebra en O Porriño durante o mes de setembro.

Ás catro da tarde comenzaba a proba dos menores, onde os nenos tiveron que percorrer 1 km. a pé, facer 4 km. de bicicleta e rematar correndo 500 mtrs., para entrar na meta situada a carón do Concello. A proba estivo dominada do principio a fin pola nosa atleta infantil Iria Rodriguez Huertas.

Ás cinco arrancou a proba popular, onde 195 participantes tiveron que correr 5km a pé polas ruas do concello, para logo coller a bicicleta e percorrer 20km nun circuito de 4 voltas e rematar correndo 2.5 km, con chegada preto da Praza do Concello.

Espectacular organización por parte do Concello e extraodinaria acollida do numeroso publico que non parou de dar folgos a todos os participantes, moi particularmente a ós da casa. Parte deles eran do noso club que tivo a 27 participantes, 11 da sección de triatlon e 16 da sección de atletismo, que remataron a proba con gran satisfación e alegría.

 

Share this post