Grid 3 Columns

XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade

O domingo 7 de abril, celebrouse a XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade, nunha mañá que a pesar do mal tempo contou coa participación de 13 atletas do Club Atletismo Porriño. A carreira comezou coa categoría benxamin feminino onde as nosas atletas Laura Alonso Gonzalez e Noa Burgos Argibay lograron a 3ª e 9ª praza respectivamente. Na categoría alevín...

MEDIA MARATÓN O CARBALLIÑO “FESTA DO PULPO”

  Santiago Lopez facendo os ultimos metros da probaFotografia: Ana Bugarin Hoxe naceu unha nova media maratón, cun circuíto mixto de asfalto e terra pola beira do rio Arenteiro, con un exixente desnivel. A carreira  disputouse a 3 voltas, que se fixeron mais duras debido as condicións climáticas de frío e choiva. O vencedor da proba foi  o noso...

Clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013

Representación de cativos e pais no clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013Fotografia: Romina   O sábado deu comezo  a tempada de duatlón  escolar. A primeira proba celebrouse no polígono Industrial Porto do Molle, no municipio de Nigrán; a segunda celebrarase  en Pontevedra e a final provincial a organizara o noso club o 5 de maio no casco urbano de...

Axuda a Jorge a Camiñar!

Jorge é o fillo dunha veciña porriñesa que no nacemento sufriu unha parálise cerebral que non lle permite ter autonomía propia. Existe un andador especial que lle permitiría ter a súa autonomía, puidendo poñerse en posición vertical e sentir así algo parecido a camiñar. O deporte, unha vez máis convérteuse nunha actividade solidaria. Os compañeiros do Basquet Coruña, xunto coa...

XXVI Trofeo Reconquista de Vigo

O pasado domingo 31 de marzo, nunha mañá onde alternou choiva e sol, disputouse nas pistas de atletismo de Balaídos o XXVI Trofeo Reconquista de Vigo. A representación do Club Atletismo Porriño foi para Iria Rodriguez Huertas, atleta da categoría cadete, categoría mínima para poder competir neste trofeo. Iria participou na proba dos 3000 metros...

Carreira Solidaria Gotas Por Níxer. CEIP Antonio Palacios de O Porriño.

  O CEIP Antonio Palacios de Torneiros, en O Porriño acheganos esta estupenda iniciativa que consiste na realización dunha carreira solidaria a favor dxs nenxs que non teñen acceso á auga potable. Día: venres 05 de abril. Lugar: Campo do Piñeiro - Torneiros (xunto ó C.C. Alba) Programa: 11:00 h.: Carreira de educación infantil. 4 anos e 5...