Grid 3 Columns

1º Triatlón Concello de O Porriño.

O sábado 25 de Mayo de 2013, será unha data a recordar para o noso club por moitos motivos. O primeiro, foi o soño cumplido de poder disputar unha proba de triatlón no Concello de O Porriño. O segundo, foi a gran participacion dxs nosxs triatletas que corrían na casa. Por último, demostrouse a capacidade de traballo voluntario que temos...

Presentación 1º Triatlon Concello do Porriño 2013

Noya, Nelson,Alexandro, Nico e representación do club O dia de  onte, será recordado por todos os aficionados o triatlon do concello de Porriño por ter ó carón deles o grandísimo Javi Gomez Noya, que unha vez mais demostrou a súa calidade humana. O domingo proclamouse campión de Europa de Medio distancia en Barcelona e o mércores  estivo no concello...

Participación de Iria co Club Atletismo Feminino do Celta

Iria Rodríguez Huertas, segunda na primeira xornada da Liga de clubs Foto do arquivo de José Antonio Rodríguez O pasado domingo, nas pistas de Monzón (Huesca), tivemos a Iria Rodríguez Huertas competindo co Club Atletismo Feminino do Celta, na segunda xornada da Liga de Clubs de Primeira División. Sen apenas descanso do Campionato Galego de Duatlón...

II Carreira Popular “A Seca” do Concello de Poio

Hoxe celebrouse a II Carreira Popular "A Seca", no Concello de Poio. Aí tiñamos a cinco atletas que fixeron 4 podios. Un papel excelente. Temos que destacar á familia Sobreira como a gran triunfadora. Nai e fillos fixeron unha estupenda actuación. Iago Sobreira rematou 2º na categoría cadete, Sandra Sobreira 3ª na categoría senior e Irene Sobreira rematou 2ª veterana....

FINAL DA LIGA DE DUATLÓN ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2013

O sábado pola mañá disputouse en Sabarís a 2ª fase da liga de duatlón escolar, organizada pola Concellaría de Deportes de Baiona e o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Vigo, na que tivemos a participación de varios cativos do club os cales queremos felicitar polos éxitos acadados. Carla Guisande Vieito e Laura Alonso González conseguiron a 1ª e 2ª...

Final do Campionato Galego de Duatlón Escolar

Na mañá do día das Letras Galegas, 17 de maio de 2013, celebrouse en O Carballiño o Campionato Galego de Duatlón Escolar. En total, tiñamos clasificados 13 rapaces e rapazas, dos que finalmente asistiron 11. Apenas choveu, o que sen dúbida axudou, porque a noite anterior non parou de chover. Na proba benxamín participaron Carla...