Grid 3 Columns

Presentación do II Triatlón de Porriño 2014

Onte foi a presentación da segunda edición do Triatlón de Porriño, ala enviamos a unha pequena parte do grupo de trileros.Este ano temos moitos novatos nesta modalidade, pero a vida é probar e deixan un instante as zapas de correr para meterse en auga e dar pedais.Un día de festa e desfrute para os compoñentes do club, que non teñen que desprazarse lonxe para...

Campionato Provincial Benxamín de Pista ó Aire Libre

O sábado 30 de maio, nun día soleado e algo ventoso, celebrouse nas pistas de Vilagarcía de Arousa o Campionato Provincial Benxamín de Pista ó Aire Libre, encadrado dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Os representantes do club foron Álex Rodríguez Lorenzo e Uxía Rodríguez Huertas, e ámbolos dous participaron nas probas de 50 ml e 500 ml....

IX TRIATLÓN DE RIAZOR, a Coruña 2014

Sábado de 17 de Maio, día das Letras Galegas, celebrouse o IX Tríatlon de Riazor, primeira proba da tempada galega de tríatlon 2014 e clasificatoria para o Campionato Galego. As 11 da maña daban comenzo a saida A, proba onde participaron Pablo Soto, Santiago Romero e Iago Sobreira. Acadando outra vez o obxetivo de rematar a proba con boas sensacións. As 12:10...

Campionato Provincial Infantil en Pista

Hoxe disputouse en Cangas a fase provincial de pista ó aire libre, clasificatoria para o galego, onde tivemos a participación de Yago López Sousa en dúas probas. Na proba de 500 ml, acadou a 2ª posición cun tempo de 1:24.98 e proclamándose subcampión provincial. A segunda carreira foi a de 150 ml ( 22,31) onde acadou unha meritoria 4ª praza, tendo...

Final Galega de Duatlón Escolar

Onte, sábado, a maior parte da chavalada do club achegouse ata Portosín (A Coruña) onde se celebraba a Final Galega de Duatlón Escolar nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Énchenos de satisfacción ver que o club vai funcionando autónomamente en canto á participación e colegueo da xente que  se move ata as probas. Cremos que isto é o máis chungo...

Campeonato Galego de Distancia Olímpica, sen Drafting, Sanxenxo 2014

Fin de semana de madrugón para os nosos trileiros para participar no Campionato Galego de Triatlón, Distancia Olímpica,  sen Drafting, en Sanxenxo.Sanxenxo substituíu  a Riveira na organización do campionato galego na modalidade olímpica, coa novidade de non estar permitido ir a roda no sector de ciclismo.Desde a praia de Silgar, coñecida pola estatua da Madama, obra do artista Alfonso Vilar...