O Porriño 10k – 15 de marzo do 2020
Circuito urbano de 5 e 10 quilómetros Circuito homologado pola RFEA Proba oficial no calendario FGA
I San Silvestre Solidaria – Concello do Porriño
Achégate connosco á I San Silvestre Solidaria do Porriño, corre, anima e disfruta antes da despedida do 2019!
Ábrese a inscrición para X Milla Porriñesa “Festas do Cristo” 2019
O Concello de O Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a X Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 27 de setembro de 2019. O horario de comenzo das probas será ás 17:00. Podedes consultar o regulamento, circuito e facer xa a vosa inscrición. É de balde. Animádevos!
Comezo da tempada 2019 – 2020
O vindeiro día 11 de setembro, mércores, comezaremos os adestramentos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas), excepto para os adultos e nenos que fagan nova licenza. Por cuestións de seguro deportivo, os nenos que queiran vir a probar poderán facelo a partir do 1 de outubro. No caso de novas licenzas de adultos: Licenzas Atletismo: recomendámosvos chamar ao...
Clasificacións As Agüiñas. Diego Salgueiriño 2019 – Xóvenes Atletas
Boa noite a todos. Este ano estreamos circuito obrigados polas circunstancias das obras nas nosas instalacións. Coma resultado, esta mañá atletas de tódalas idades participaron nun mini Trail de 5 km, con serpenteantes subidas e baixadas, onde os espectadores disfrutaron tanto coma os participantes. Grazas a tod@s por acompañarnos, celebrando o deporte en homenaxe ao noso compañeiro Diego. Deixámosvos as clasificacións por categorías...
As Agüiñas. Diego Salgueiriño 2019
O Club Atletismo Porriño, organiza, un ano máis, a carreira "As Agüiñas - Diego Salgueiriño", no Polígono Industrial de A Granxa (Instalacións do Club Atletismo Porriño). Este ano a cita será o domingo 30 de xuño a partires das 10:00 horas. Animádevos a participar! Regulamento Formulario de inscrición Listado de inscritos Circuito Carreira Absoluta Circuito Carreiras Menores