Final Galega de Duatlón Escolar
Onte, sábado, a maior parte da chavalada do club achegouse ata Portosín (A Coruña) onde se celebraba a Final Galega de Duatlón Escolar nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Énchenos de satisfacción ver que o club vai funcionando autónomamente en canto á participación e colegueo da xente que se move ata as probas. Cremos que isto é o máis chungo e o imos conseguindo ós poucos!. Hai que recoñecerlles este esforzo tanto ás nais e pais como ós propios rapaces que se achegan ata probas.
Aínda que conseguiron quedar campións e subcampións, tanto individuais como de grupo, cremos que o realmente interesante é o bo rollo no ambiente!.
Alegrámonos moitísimo por elxs e polo seu adestrador Fonsete, que é un encanto de tipo!.
Noraboa!.
Benxamín:
- Mercedes Vila (Tri-Penta Terras de Lugo) e Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol).
- Laura Alonso (Atletismo Porriño) e Nicolás Filloy (Arcade Inforhouse).
- Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Brais Picón (Dexter Compostela)
Club campión: Tri-Penta Terras de Lugo (feminino) e Atletismo Porriño (masculino)
Alevín:
- Cinthia Costas (Atletismo Porriño) e Martiño Iglesias (Dexter Compostela).
- Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Andrés Prieto (Fogar da Xuventude).
- Nayeli Iglesias (Tríatlon Concello de Maside) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).
Club campión: Atletismo Porriño (F) e Dexter Tríatlon (M)
Infantil:
- Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Arturo Ramos (Dexter Compostela).
- Carmen Bello (Atletismo Porriño) e Daniel Ríos (Tríatlon Ferrol).
- Andrea Pérez (Mar de Vigo) e Abel José Fuentes (Tríatlon Ferrol).
Club campión: Mar de Vigo (F) e Tríatlon Ferrol (M).
Cadete:
- Rebeca Carnota (Fogar da Xuventude) e Pablo Muñoz (Dexter Compostela).
- Lorena Iglesias (Cidade de Lugo) e Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol).
- Cristina Torres (Mar de Vigo) e Alejandro Pardo (Fogar da Xuventude).
Club campión: Tríatlon Ferrol (F) e Fogar da Xuventude (M).
Crónica: Club Atletismo Porriño e algún copia – pega a Fegatri (Federación Galega de Triatlón)
Fotografía: Sacada da conta de @victormourinofo