FIN DO CIRCUITO GALEGO DE DUATLON CROSS 2013
Fotografia: Ana Bugarín
Hoxe domingo dia 3 de febreiro, rematou o Circuito Galego de Duatlón Cross A derradeira proba disputouse en Maside (Ourense) nun dia esplendido; ben merecido, despois do mal tempo que acompañou ás anteriores probas do circuito.
O noso club realizou unha mangnifica campaña que rematou hoxe con dos novos éxitos. O primeiro, foi o 4º posto de Enrique Morán na proba, poñendo un broche de ouro ó campionato realizado. O segundo, foi o debut de Sandra Sobreira na modalidade de Duatlon Cross, conseguindo rematar a proba cun sorriso. A nota negativa de última hora, foi a non presencia na proba do noso triatleta Iván Puime por motivos laboráis.
Para o club, o circuito 2013 foi todo un éxito, coa participacion de 12 triatletas nas diversas probas do circuito dando así un pasiño máis na promoción deste marabilloso deporte.
O vindeiro domingo 17 de Febreiro, dispútase o Campionato Galego de Duatlón Cross en Poio, onde sairán os campións galegos do ano 2013. Eiquí xogamos unha boa baza con Enrique Moran.