Fase Rexional do Campionato de España de Campo a Través da Policía
Ismael Lago Monroy, no pasado Campionato Galego de Cross Curta en Santiago de Compostela
fotografía: Archivo clube
O martes 12 de marzo disputouse en Valladolid a Fase Rexional de Castela e León do Campeonato de España de Campo a Través da Policía.
Isamael Lago Monroy proclamouse campión de fase, sendo a primeira proba dos Campionatos de España de Policía que desputaba.
A carreira comenzou ás 12:00 da mañá con moito frío e con ameaza dunha grande nevarada que finalmente non aconteceu.
Percorríase un circuíto de 4 voltas de 2,5 km., a maioría deles por camiños forestais e unha pequena parte por barro.
O desenvolvemento da carreira foi moi valente, posto que marcou un ritmo moi forte dende o inicio da carreira; así, no paso da segunda volta, mandaba na proba en solitario. Esta ventaxa permitiulle baixar o ritmo para disfrutar ó máximo o exito acadado. Rematou a proba cun tempo de 36:27.
Esta vitoria na Fase Rexional de Castela e León no Campionato de España de Campo a Través da Policía clasificao para a final, con data e lugar todavía por concretar.
Noraboa ó noso atleta-triatleta pola victoria acadada.