Duatlón Cross de Maside 2014

Duatlón Cross de Maside 2014


Quique Moran no peldaño máis alto

Fotografía: Alberto Domínguez

Din que os pronósticos ou estadísticas están para rompelas, e así fixo o noso “trilero” Enrique Morán no día de hoxe no duatlón cross de Maside, terceira proba puntuable para o circuito galego. Quique Moran vencía hoxe en contra de todas as previsións, acadando así un importante triunfo para o Atletismo Porriño.

O club desprazou a 8 trileiros á localidade de Maside para o duatlón cross que se celebraba hoxe. Mañá gris cunha temperatura boa para a práctica deportiva e na que a choiva deunos unha tregua; aínda que amenazaba, non fixo acto de presenza.

Circuito duro o de Maside, que ainda sendo apto para rodadores, acumulaba moito desnivel. Se ben o primeiro sector da carreira a pé de 6km. iniciábase en sentido descendente durante 1,2 km., o tramo intermedio de monte percorríase en continuo sube e baixa, facendo finalmente o paso por meta noutra ascensión de 1 km aproximadamente. Neste primer sector, Elpidio González sería o que mandaría con autoridade.

O sector de bicicleta iniciábase en subida durante casi un kilometro, para despois meterse no monte para afrontar un circuito bastante duro técnicamente onde especialistas do Btt e as bicicletas de 29” foron o referente. Neste sector o dominador sería Marcos Mayo, ainda que o noso “trilero” Quique Morán tiraría da súa incontestable raza ciclista para pegarse ó líder da proba e pegar o ataque definitivo no último sector de carreira e levarse a victoria.

O último sector de carreira faríase ó inverso que o primeiro, así o que antes se baixaba agora había que subilo. Así remataba a proba cunha ascensión de 1,2 km que co cansancio acumulado durante a proba, fíxoo extremadamente duro.

A expedición porriñesa a Maside, atopábase chea de ledicia ó enterarse da victoria de Quique Morán. Estando nesas terras, so se podería celebrar cunhas tapiñas de polbo, que sentan de maravilla cando se fai na armonía que ten este grupo.

Parabéns a Rubén Sío, Alberto Domínguez, Abel De Barros, Felipe Domínguez, Diego Salgueiriño, David Alonso, Isidro Domínguez e Jose Luís Castro.

 

Agradecer a Michi, Bea, Eva, Santiago Romero e jose Salgueiriño por desplazarse ata Maside para acompañarnos e darnos folgos.ç

Crónica: Alberto Domínguez

Fotografía: Alberto Domínguez

Share this post