Despois de tres anos, volta a VII Carreira de As Agüiñas

Despois de tres anos, volta a VII Carreira de As Agüiñas

Xa hai tres anos da derradeira edición da Carreira das Agüiñas. Foi o 08 de maio de 2011 cando parou o pulso desta carreira por mor dunhas obras de execución dun vial ó carón das nosas instalacións, causa que ademais de afectar a esta carreira, tamén afectou no planning de adestramentos. Tentamos facer a VII edición no ano 2012, pero as instalacións estaban impracticables. A verdade é que estivemos no club un tanto tocadxs anímicamente!.

FINAL AZUL_LOW

Cando se toca fondo tan só queda mellorar, así que decidimos poñer todo o noso empeño en recuperar o pulso desta carreira. Debémolo á anterior diretiva, posto que é un proxecto que consolidaron con solvencia ano tras ano. Nesta carreira logrouse chegar a xuntar ata a 1.000 participantes entre cativxs e adultxs, priorizando sempre na participación dxs máis pequenxs, que foi o fío conductor dende a primeira edición.

A VII Carreira As Agüiñas será o día 18 de maio nas Instalacións do Club Atletismo Porriño no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG. Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto.

Anticipamos que a carreira será de balde. Entendemos que por correr non podemos cobrarlle un duro á xente, e polo tanto, botaremos as horas que sexan necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.

Hai unha novidade que imos a cumplir escrupulosamente, e é que a xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 15 de maio non debería ser problema.

Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.

Animádevos a paticipar para que esta carreira volte a recuperar o pulso que perdeu anos atrás!.

Inscricións

Regulamento

Circuito

Cómo chegar?

 

Share this post

Comments (5)

  • victor manuel

    Si señor sois la bomba esperemos que la agais mas años !!animo chicos!!

    11/05/2014 at 23:19
  • Manuel

    Me podríais indicar el enlace donde confirmar si estoy inscrito. Gracias

    16/05/2014 at 20:50
    • carlos

      En breve o comunicamos na web. Faremos un apartado dentro da carreira de As Agüiñas!.
      Saúdos.

      16/05/2014 at 23:14
  • Manuel

    Muchas gracias por la gran mañana de hoy. estupenda organización, hasta el año que viene.

    18/05/2014 at 23:39
  • pablo

    Hola , me encantaría participar en la Milla pero acabo de ver que se acabó el plazo de inscripción. Por favor, me podéis indicar a través de mi correo si puedo participar. Llevo esperando esta carrera todo el año y por exceso de trabajo no he podido enterarme antes. Espero vuestra respuesta. Gracias

    01/10/2014 at 01:25

Comments are closed.