Cross San Miguel de Oia 2018
Domingo 18 Febreiro.
Mañá un pouco fría pero soportable grazas o sol que xa ia quecendo dende ben cedo. Unha nutrida orda de intrépidos guerreiros…, para ser máis exactos 20 xoves atletas do clube Atletismo Porriño, se dispuñan a disfrutar do 41º trofeo de campo a través San Miguel de Oia. Coma sempre espectacular percorrido, un pouco duro segundo os entendidos.
Inaugura a competición de integrantes do noso clube Anxo Lorenzo Bautista tan ledo coma sempre. Un gustazo velo disfrutar percorrendo os seus 3.700 mtrs. Vaia catro cheerleaders que tiña…, o perseguían por todo o circuito dándolle folgos.
Lle siguen as sub 14 femininas pra facer 1575 mtrs., Lucía Ramírez Fernandez, María Mariño Pardo que nos amosou de novo o comunmente e coñecido “síndrome de María” e Noa Burgos Argibay que acadou un quinto posto que a facía merecedora dun trofeo.
Entran en acción a parella formada por Xián Martinez Ferreira e polo noso super informado Carlos Bautista Bugarín. 8:48” e 8:35” respectivamente para os 2100 mtrs. A Xián lle custou poñerse a quecer e a Carlos se lle viu un pouco canso durante a carreira.
Féminas sub12, 1075 mtrs., a categoría con máis participantes e creo que tamén a máis emocionante. Elena Rey Martinez, Sabela Guisande Vieito e Uxía Bautista Estévez fixeron a guerra pola sua banda chegando as tres a vez a meta e acadando 4:30”, 4:31” e 4:31” respectivamente. Ainda que facendo unha moi boa carreira Alba Riveira Iglesias se quedou un pouco descolgada da cabeza de carreira acadando a séptima posición cun tempo de 4:17”. Descolgada polo ritmo infernal que impuxo Laura Ramirez Fernandez dende o inicio e levando o peso da carreira ata os últimos metros. Carreirón, demostración de forza, non lle chegou o pinga de gasolina que deixou para o final.
Gran segundo posto cun tempo de 3:56”.
Laureano Mariño Pardo e Xián Lorenzo Bautista fan os seus 1575 mtrs. con 6:52” e 7:11” respectivamente.
Chega a quenda pra Elisa Nuñez Martinez, 3:57” pra 700 mtrs., a só 4” so terceiro posto. Da igual, co contenta que estaba…
Sub 10 masculino, a parella de “pajarracos” en acción. 3:47” pra Tomás Bautista Bugarín, sufrindo coma sempre e 4:05” pra Xabier Bautista Estévez que nos deixou unha nova mostra do estrano “síndrome de María” e unha incognita no aire: ¿será contaxioso o “sindrome de María”?
Entre tanto chega o verdadeiro espectáculo, a carreira popular, Jose Antonio Burgos Rey, Nacho Louriño Vazquez, Venancio Paramos Perez, Jose Carlos Bautista Davila e Jose Manuel Salguiriño Maceira. Uns craks, mención pra Venancio, un exemplo pra pequenos e medianos.
3700 mtrs. pra David Burgos Argibay e os seus 14:00” e Mouhssine Chiki e os seus 13:01”, fantásticos os dous en especial Chiki, na loita por defender a sua cuarta posición nos últimos 200 mtrs. Espectáculo.
Remata a participación super Jaco Louriño Sastre. Olímpico sprint de 00:25”
Fantástica mañá de emocións en Oia. Gran organización, gran circuito e gran honrra a que nos fixo ca sua presenza o super entrenador Fonsete. Moi profesional cas suas gafas de sol, pra que os seus discípulos non visen os seus ollos feros e punzantes o dalas instruccións, así non se asustarían e non correrían con esa imaxe na sua cabeza. O dito, moi profesional.
Crónica: Damián
Fotografías: Patricia