O sábado 31 de Xaneiro dábase cita en Ribadavia o II Campionato Provincial de Ourense de campo a través, evento ao que non se debía faltar por mor das condicións climatolóxicas dos días precedentes. O circuito espectacular, 2 Km acondicionados na Area Recreativa da Veronza a carón do ría Avia brindou aos participandes unha superficie de céspede con un único repeito e un par de troncos a modo de obstáculo que foron o mellor agasallo para os fotógrafos.
Saían ás 10:30 as féminas da proba absoluta na que a representación do noso clube se confiaba ás habilidades das mulleres Sobreira, Irene e Sandra, nai e filla. Tras completar unha distancia de 6.000 metros subirían ao podio como primeiras clasificadas da súa categoría por idades.
Durante o transcurso da mañán celébraronse as probas dos máis cativos para prepararlles o terreo aos maiores na absoluta masculina. Iago Sobreira, Diego Salgueiriños, Miguel Fernández e Iván Reguera foron os encargados de vestir o vermello neste caso. Demorábase a saída lixeiramente por mor dunha forte sarabia que ameazaba con complicar moito a carreira durante os quecementos. Finalmente o tempo respetou e tomouse a saída en condicións óptimas. Foron ritmos altos os que se marcaron durante os 8.000 metros do circuito e que cadaquén asumiu acorde ás súas cualidades. Destacar o primeiro posto de Iago na súa categoría e as boas sensacións do resto do equipo.
Agradecer o apoio dende o público de José Salgueiriño e a fotógrafa “adxunta” Cristal Vázquez.