Cross Andrés Abanqueiro 2017

Cross Andrés Abanqueiro 2017

Domingo 17 de Nadal de 2017. O parque de Castrelos clarexa baixo o branco da xeada nocturna, un frío que te cagas. E iso que non fomos dos máis madrugadores, arribamos sobre as 10:20.

Nos agardaba o XVII cross Andrés Abanqueiro 2017. Chegabamos a tempo para o comezo das probas.

Darían comezo as 10:30 ca categoría Infantil Feminina na que participou María, auténtico sputnik cunha gran saída, a ver quen a para si mantivese o ritmo os seus 1.615m .

10:45  continua o espectáculo , Carlos, que é de Ponteareas ainda que pareza de Bilbao, (nin pantalón nin camiseta térmica) e Diego que ía máis abrigado, (ande yo caliente, ríase la gente) correron os seus 1.821m.

Tras eles a organización nos deu unha tregua, mentres os cadetes corrían sen interese pola nosa banda, a que aproveitou o super entrenador Fonso, alias “agotador”, que nos honrou ca súa presencia, as últimas indicacións os  seus sempre atentos discípulos.

11:30  Catro alevíns amazonas se dispoñen a dalo todo durante 1.205m. Gran traballo de Nerea adaptándose a competición nas suas primeiras carreiras,  a Sabela e Uxía como son tan amables se ían dando paso unha a outra, “pasa ti, non pasa ti, ti diante por favor, ti jolín” e por último  Elena fixo un carreirón.

11:40 Laureano e Rodrigo se dispuñan a asaltar 1.615m. como alevíns. Laureano comezou con moita forza o que lle serviu pra ter unha boa renda no resto da carreira e acadar un posto máis que meritorio. Rodrigo correu a pesares de ter algunha molestia de última hora, non era o seu día, pero o fixo que é o que importa.

AS 11:55 percorrerían o circuito duro de castrelos, debido a escasa choiva, Leire, Elisa e Naiara. 646 m. de sorrisos , da gusto.

Leire, sempre sorrinte
Naiara facendo unha gran carreira

12:05 sigue facendo frío, non pra Tomás e Xabier, ainda non pararon dende que chegaron. Proba de resistencia pra @s nais e pais, pra eles 646m. Unha cousa queda clara, o dan todo. Entrega total.

Xabier a galope
Tomás coa súa habitual cara de sufrimento

Xa con algo de retraso, pasadas as 12:20 entran en acción Adrián, Humberto e Bruno pra pechar o concurso do clube. 440m que pensabamos que eran lisos. Bruno nos demostrou que non, caeu a rebolos na saida, se levantou, tocouse a cabeza pra comprobar que todo estaba no seu sitio e a seguir. Remata a carreira e mira o seu xeonllo, desta volta leva as dúas mans a cabeza e espeta: ”¡rompí el pantalón!”.

Bruno, repoñendose da súa caída

            Fría e soleada mañá na que os nenos, sufriron, correron, disfrutaron e xogaron na coñecida carreira do “perrito caliente”, pequena recompensa que fai felices a grandes nenos.

O groso do grupo facendo os preparativos para a carreira

 

Crónica: Damián Bautista

Fotos: Patricia Estévez

Share this post