Crónica III Carreira Urbana Festas do Cristo 2012

Crónica III Carreira Urbana Festas do Cristo 2012

Fotografía: Rubén Huertas.

O pasado venres día 28 de setembro disputouse en O Porriño a III Carreira Urbana das Festas do Cristo con moi boa afluencia de público, tratándose dun día laborable.

As carreiras comenzaron ás 18:00 cós máis cativos na categoría de 5 a 7 anos nunha distancia de 100 m., que gañaron Sonia Ribadulla Blanco e Rodrigo Sanjurjo Rivas en categoría feminina e masculina respectivamente.

 

De seguido, correron as categorías de 8 a 10 anos, disputando 400 m. de proba, impoñéndose Sara Limia Alonso en categoría feminina e Chiki Moqhssiu en categoría masculina.

Antes da proba absoluta, disputouse a proba de 800 m. para as idades de 11 a 14 anos. Andrea Pérez Fernández proclamouse gañádora na categoría feminina; Iván Carnero Rodríguez conseguiu tamén o primeiro posto na categoría masculina.

Ás 18:30 comenzou a proba Absoluta Popular. Como xa fixera o ano pasado, Manuel Martínez Ageitos proclamouse gañador seguido de Samuel Rodríguez Gómez e Germán Díaz Alonso. Na categoría feminina, a campiona da pasada edición Raja Rizki do Club Atletismo Porriño, veuse superada por Verónica Romero Rivero; fixo o terceiro posto Beatriz Quintana Fernández.

Como guinda a unha magnífica tarde atlética, faltaban por participar xs máis rápidxs na categoría elite.

Deleitáronnos cunha proba de gran nivel que foi gañada por Leticia Fernández Barbosa seguida de María Jesús Gestido e Águeda Blanco na categoría feminina; na categoría masculina impúxose con claridade Víctor Riobó Villanueva a David González Fernández e Carlos Porto Pazos.

Fotografía: Rubén Huertas.

Queremos dar as gracias de corazón a toda a xente que se achegou ata O Porriño para participar e animar na carreira. Sabemos que para moitxs a carreira non coincide demasiado ben en tema de horarios, ó tratarse dun día laborable. Agradecemos o esforzo que fixestes para estar presentes.

Debemos agradecer ó Concello de O Porriño polo patrocinio, á Concellería de Deportes (ó Concelleiro Alejandro Lorenzo e a Julio Bernárdez) pola súa axuda na organización da proba, á Policia Local , Proteccion Civil e ós distintos comerciantes locáis que dalgún xeito colaboraron connosco (Bar Celtiña, Polisport, Froiz).

Agradecemos por último ó encargado do Ciclismo en O Porriño, Horacio Barros (Club Ciclista Spol), quen leva anos brindándonos a utilización do seu circuito urbano de ciclismo horas antes de que o fagan eles. Trátase dun circuito espectacular, perfectamente sinalizado.

Vémonos para o ano que ven no venres de “recristo” en O Porriño.

Share this post