Conferencia deportiva de Daniel Mouriño no Centro Cultural Municipal do Porriño
Os datos nas últimas Enquisas Nacionais de Saúde, mostran que preto do 80% da poboación non realiza a actividade física aconsellada para manter a saúde.
Na infancia e na xuventude, as persoas son máis activas, sen embargo hai unha porcentaxe elevada delas que non alcanza os niveis adecuados.
A escasa actividade física nestas etapas, non só é perigosa para a saúde, senón que conleva unha baixa forma física, unha menor autoestima e unha pobre imaxe corporal.
A sociedade actual non favorece a actividade física. As actividades cotiás están mecanizadas, noso traballo require menos esforzo e movemento e o noso tempo libre é menor e máis inactivo.
Destas e outras cuestións, falará o noso adestrador Daniel Mouriño Fortes, Licenzado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Asesor de Motricidade Humana e Deportes de Resistencia, nunha conferencia que organiza o Concello do Porriño a través da Concellería de Cultura e que leva por nome “Pautas para alcanzar unha actividade física saudable”.
Será o vindeiro 19 de xaneiro ás 19 h. no Centro Cultural Municipal do Porriño.
Animádevos a asistir. Será moi instrutiva!.