Comunicado acerca da IV Carreira Urbana Festas do Cristo desta tarde

Comunicado acerca da IV Carreira Urbana Festas do Cristo desta tarde

 

 

Ola a todxs.

Ainda que a proba de ciclismo suspéndese, pola climatoloxía adversa buscando a seguridade dxs ciclistas, nós decidimos organizar a proba desta tarde de atletismo.

Obviamente, teremos menos medios, posto que o circuito non estará vallado como está normalmente cando facemos as probas conxuntamente.

Temos que dicir que neste aspecto, o Concello, que realmente é o organizador (nós colaboramos), mostrouse totalmente dialogante e respetuoso coa nosa decisión.

O Concello era máis partidario de aplazar a proba, con moi bo criterio, posto que buscaba aglutinar as dúas probas  no mesmo día para que as cargas de persoal, ambulancia, etc…fosen menores. Por isto, temos que explicar que a decisión de que se celebre a IV Carreira Urbana Festas do Cristo 2013, recae en nós contando co apoio deles. Sabemos que pode ser menos vistosa (esperemos que a choiva nos respete) e que contamos con menos elementos para a organización (vallas e estrutura de liña de meta do ciclismo,etc….), pero a decisión a tomamos en base a que temos xente anotada que ven de moi lonxe (Ferrol, Noia, etc…) a que entendemos que temos que respetar e á que sería moi difícil avisar a última hora; seguramente que xa fixeron planes ou mesmo están de camiño. Ademáis, como sabedes, estamos afeitos a correr baixo a choiva (si é que fai presencia), cousa que non é tan problemática para x participante.

Por isto, pregamos xs porriñesxs que sexan respetuosxs co seu goberno, entendendo que é unha circunstancia que se xerou por buscar a seguridade dxs ciclistas; respecto dxs corredorxs que veñan esta tarde, esperamos que sexan considerados coa nosa humilde colaboración (encargámonos da secretaría, vallado, etc..) e que entendan que tivemos un contratempo de última hora, que afrontaremos con todo o cariño e moitísimo traballo para que estean igual de cómodos que sempre.

 

Saúdos a todxs.

A Xunta Directiva do Club Atletismo Porriño.

Share this post