Clasificatorio de Duatlón Élite de Morcín 2015

Clasificatorio de Duatlón Élite de Morcín 2015

Onte sábado día 14 de marzo, celebrouse na localidade asturiana de Morcín a terceira edición deste duro duatlón. Este ano era un dos 5 clasificatorios para acadar unha da 15 prazas para o campionato de España de duatlón na categoría élite.

Ata alí desprezáronse 2 trileiros, Isma Lago Mornoy e Brais Misa García.

A proba presentábase como unha dura loita, xa que era a última na que se concedían prazas. Na liña de saída participantes chegados de moitos puntos de España buscando esa praza.

As 16:15 dábase a saída á proba, e xa dende un inicio o ritmo foi altísimo formándose un trío cabeceiro moi superior e despois un pelotón de máis de 25 unidades correndo a ritmos moi altos. A primeira carreira serviu de pouco xa que o nivel fixo que entrasen mais de 30 duatletas en menos de 50 segundos.

O sector da bici sabíamos que sería decisivo, onde dúas voltas a un duro circuíto de bici deixarían as cousas moi claras. Cada volta contaba cunha ascensión a un porto de 4km cunha pendente media do 7% e rampas de máis do 14%, ca súa conseguinte baixada por estradas moi bacheadas e estreitas ademais de molladas pola choiva.

Neste sector as cousas fóronse aclarando xa que comezaron a facerse pequenos grupos. O noso compañeiro Brais soubo regular ben e marchou durante todo o sector no grupo perseguidor da cabeza, mentres que Isma non tivo as sensacións na bici como hai 7 días en Guitiriz e mantívose nas mesmas posicións das que saíu da T2.

O último sector, converteuse nun sálvese quen poida ata a meta por unha das 15 prazas.

Brais entrando 4º
Brais entrando 4º

O resultado final foi agridulce, xa que Brais cun bo 4º posto final consegue a ansiada praza, mentres que Isma rematou no posto 25 e non obtivo ese lugar de honra en Soria dentro de 1 mes.

Isma na recta final despois dunha gran carreira
Isma na recta final despois dunha gran carreira

O domingo, como despedida tentamos subir ao coñecido inferno asturiano, cumbre mítica da Vuelta a España, sen embargo a neve impediunos lograr a nosa particular xesta.

la foto 2(1)
Isma e Brais no mítica cima do Xoneco

 

En xeral, unha moi boa fin de semana de convivencia.

Crónica: Brais Misa

Fotografía: Doris

Share this post