Cea de Nadal 2015
O 12 de decembro, celebramos unha das competicións máis caralludas do ano.
Marchamos de Cea de Nadal!.
Ás 20:15, previo á proba e como ven sendo habitual estes últimos anos, estivemos hidratándonos cunhas cañas no Bar 55, comezando así, unha das noites máis esperadas pola xente do Club Atletismo Porriño..
Por primeira vez, acompañounos Pedriño!.
Non imos negar que botamos moito de menos á xente do Bar Celtiña que sempre se portou connosco de dez. Suso tiña ganas de darse un merecido descanso, así que cambiamos o punto de dosificacion enerxética polo Restaurante Manolo. Ás 22:00, xa estábamos entrando pola porta.
Tomamos as primeiras copas.
Atopámonos co freak de Richard Stallman na festa, así que….
….decidimos disfrazarnos con él
Logo viñeron as fotos oficiais!.
E os roubados.
Fixemos unha mesa redonda de debate preelectoral.
Ceamos e brindamos.
E en medio de todo isto…chegaron os putos Selfies!.
Os Selfies (con palito).
E os Handmade (con botella).
Cando o ambiente está máis golfo despois de tomar os postres, xustamente aí, é cando fai aparición a nosa querida “Star” de plató. Fonsete leva anos cunha implicación total na preparación e presentación dos diplomas.
Espectación total!.
Este ano, cadrando en campaña electoral, axudou a Fonsete a ex Senadora do Partido Popular, Marta Dominguez, que viña acompañada dende Palencia coa súa “Camella” particular.
DIPLOMAS
DIPLOMA ÓS CAMPIOES DA CEA DE NADAL 2014
Moi, Dani McKay, Ramón, Gil e Rocío: Unha grupeta, de xente diesel que exprime ata o derradeiro “after”….. Incombustibles.
Entregou: Pablo Regueira.
DIPLOMA ÓS HOMES DE FERRO (polo EMBRUNMAN 2015) e ANIMADORES
Rubén Sío (animador), Víctor Mouriño, Alberto Domínguez (animador e conductor), Marcos Francés, Gil, Miguel Fernández, Pablo Regueira, Michi, Quique Morán e Nacho Louriño (ausente): Auténticos homes de ferro que ascenderon ó mítico Col D´Izoard.
DIPLOMA Ó DUETO ARTÍSTICO
Paula Madero: A nosa artistaza, que tanto versiona a Whitesnake como a Sia, desta vez atreveuse cunha cover en directo. Enorme, Paula!.
Desta vez tiña un acompañante de luxo!
Marcos Francés: Repite como bailarín oficial do club. É o noso Rafael Amargo particular.
DIPLOMA ÓS NOVOS DOMADORES
Sandra Sobreira e Miguel Fernández: En tres meses que levamos, xa se convertiron xunto con Dani e Fonsete en pezas vitais no club. Están a facer un traballo impecable cos máis pequenos.
Entregou: Dani Mouriño. O dono do circo!.
DIPLOMA ÓS “ANXELES DE CHARLIE”
Mónica Pena, Eva Martínez e Olalla Acuña: Están a levar á perfección a misión encomendada: As contas do noso club están limpiñas como unha patena.
Encántanos Whatsappear con elas. Os Charlies somos superfans… Graciñas!.
DIPLOMA Ó CAPITÁN DO BARCO
Víctor Mouriño: Un tipo con moitísimo carácter, hiper responsable e organizado. “Cumplidorciño”. Foi quen de embarcarse na chalana e ir ata alta . Deu un xiro total á sección de triatlón, sendo das que máis triatletas aporta en Galicia. Un crack.
DIPLOMA Ó RELEVO XENERACIONAL
María Martínez: Agora que Víctor quere voltar coa chalana a pescar na orilla e como tipo previsor que é, buscou un relevo xeneracional. Polo momento nada con flotador, pero é unha auténtica “rompepistas”. O futuro está garantido no traballo de Tri. María o vai a facer de 10, xa veredes! .
DIPLOMA CHARLIE SHEEN
Carlos Vázquez: Amigo e confesor de Ortega Cano. Non sabedes canto o botamos de menos este ano!.
Entregou o diploma, fixo o control de alcoholemia e devolveu o carné: Gil.
DIPLOMA ÁS CHEERLEADERS OFICIAIS DO CLUB
Marcos Francés, Alberto Domínguez, Gil, Luis Rodríguez, Michi e Sevi (ausente): Non temos palabras para definir isto. Cunha foto o explicaríamos mellor.
DIPLOMA ÓS DELFÍNS BRANCOS
Manu Castro e Víctor Alonso: Dúas persoas que conectaron á perfección co espíritu deste club. Son dous peixiños na auga!.
DIPLOMA ESCRIVÁ DE BALAGUER
Familia García Abad: Toda unha prole.. 6 membros da familia no noso club!. Seguide con ese bo rollo!.
Entregou o diploma e pediu o voto para o 20D: Marta Domínguez.
DIPLOMA ÓS MARATONIANOS (editado)
Irene Sobreira, Jesús Amieiro, Isaías (ausente) e Nacho Louriño (ausente) e Adrían Rey (presente e ausente á vez) : Encantounos dar este premio. Creo que Irene fixo chorar a máis de un. Vaia parella de trotóns. Botamos moito en falta a Isaías e Nacho!. Para o ano non volo perdoamos… A Adri, pedímoslle perdón porque ainda que protestou un pelín tarde, Marta Domínguez non estaba moi apta para recibir informacións. 😉
VALE POR UN TAXI
Josiño Castro: Xa cansos de que unha vez rematada a troula nocturna tivéramos que ver esta imaxe ó día seguinte no Whatsapp
decidimos regalarlle entre todxs un vale por un taxi de O Porriño a Tui.
O usaría?
DIPLOMA ÓS TRAILEROS
Miguel Novoa, Ángel Alonso, Rocío Blanco e Pablo Reguera: Aínda que hai máis xente do club que acude ás carreiras de montaña, ninguéin tan friki do monte como estes. Presentámosvos ás cabras oficiais do club.
DIPLOMA Ó AFORRADOR
Brais Misa: Estímase que parte dos 61.495 millóns de euros en axudas públicas directas á banca foron a parar á ucha do maillot de Brais Misa.
DIPLOMA Ó BECARIO DO CLUB
Carlos Álvarez: Encargado das fotocopias. Cando chega a noite, vístese de Marta Domínguez e vai en busca de liebres para poder mellorar ós seus tempos. Cando os cansa, chúpalle o sangue para levarlle ó Dr. Eufemiano Fuentes.
Entregou: Fonsete, a súa media laranxa.
Hai que recoñecerlle a Berto Domínguez que arrancara cunha estupenda iniciativa, movendo a tódolxs compañeirxs por whatsapp para contribuir nuha boa causa.
Explicou a micro aberto que o que se pretendía, era dar un recoñecemento xustísimo a Fonsete e a Dani, pola implicación absoluta neste club.
Graciñas polo curre, Berto. Con estes aportes, contribuimos a crear club.
O resto o fixo Marga Argibay. Unha artista!.
Graciñas a Jose polo control do son durante a presentación dos diplomas!.
Despois de escoitar todos os números un da música en Portugal que pinchou Jose, decidimos baixar!.
O primeiro, a clásica ronda de Chupitos de McKay na de Sevi.
Un ano máis, e xa van un cuantos, marchamos cara o Tubulart (necesitamos patrocinadores) a bailar.
Ata que chegou o final da carreira….
Esta é a grupeta que aguantou os derradeiros kilómetros.
E este é o trío que se “escapou” do resto. Tras unha foto finish moi discutida, estes son os FINISHERS da noite….
Logo está Josiño, ó seu rollo. Sin agobios.
Finalmente non usou o vale do taxi e marchou correndo cara a súa casa en Tui.
Agradecementos:
Irene e Marcos por pringar coas fotos.
….e ó Restaurante Manolo, por suposto.
Para o ano, repetimos.
Graciñas a todxs por todo.
Muac!.
Comisión de Excesos do Club Atletismo Porriño.
Sempre connosco, Diego <3