Sin categoría

Voltamos!!

Logo do ben merecido descando de verán voltamos á rutina dos adestramentos o venres día 10 de setembro, como tódolos anos coincidindo co inicio do colexio,  nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas). Lembrade que de momento os adestramentos son o luns, mércores e venres a partir das 18:30. En breve haberá modificacións incorporando, se nos deixan, os adestramentos...

Suspensión de Adestramentos por mor do COVID-19

Por mor da situación extraordinaria que se está producindo coa evolución do COVID-19 nas últimas horas, tócanos actuar con responsabilidade para axudar a minimizar os riscos na medida do posible, e seguindo as recomendacións das distintas administracións públicas e das Federacións Deportivas á situación de crise sanitaria na que se atopa a contorna, suspendemos tódolos adestramentos ata novo aviso. Un saúdo.

Ábrese a inscrición para X Milla Porriñesa “Festas do Cristo” 2019

O Concello de O Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a X Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 27 de setembro de 2019. O horario de comenzo das probas será ás 17:00. Podedes consultar o regulamento, circuito e facer xa a vosa inscrición. É de balde. Animádevos!

Clasificacións As Agüiñas. Diego Salgueiriño 2019 – Xóvenes Atletas

Boa noite a todos. Este ano estreamos circuito obrigados polas circunstancias das obras nas nosas instalacións. Coma resultado, esta mañá atletas de tódalas idades participaron nun mini Trail de 5 km, con serpenteantes subidas e baixadas, onde os espectadores disfrutaron tanto coma os participantes. Grazas a tod@s por acompañarnos, celebrando o deporte en homenaxe ao noso compañeiro Diego. Deixámosvos as clasificacións por categorías...

As Agüiñas. Diego Salgueiriño 2019

O Club Atletismo Porriño, organiza, un ano máis, a carreira "As Agüiñas - Diego Salgueiriño", no Polígono Industrial de A Granxa (Instalacións do Club Atletismo Porriño). Este ano a cita será o domingo 30 de xuño a partires das 10:00 horas. Animádevos a participar! Regulamento Formulario de inscrición Listado de inscritos Circuito Carreira Absoluta Circuito Carreiras Menores  

O Porriño 10K : 17 | 03

O Concello de O Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a “O Porriño 10k”, o domingo 17 de marzo de 2019. Podedes consultar o regulamento, circuito e facer xa a vosa inscripción no enlace do logo. Animádevos!