Regulamento

1.O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Excmo. Concello de O Porriño, organiza a “XIII CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO”, que se celebrará o día 13 de maio de 2018, a partires das 10:30 horas no centro de O Porriño.

2. A carreira organízase aberta para todolxsnenxs con idades comprendidas entre os anos 2003 e 2015 ambos inclusive, teñan licenza federativa ou non. Para xs nenxs que non estean en clubs ou colexios adscritos á liga de Xóvenes Atletas, faráselle un seguro para a carreira.

3. As inscricións, de balde, deberán facerse de forma individual (xente que non estea en Xóvenes Atletas) na web www.atletismopor.com . Para os clubs e colexios adscritos a Xóvenes Atletas, se lle fará chegar ó responsable de club/colexio un excell que deberá devolverse cuberto ó mail de inscrición do Club Atletismo Porriño (inscricion@atletismopor.com). A data de peche das inscricións por colexios e na web será o xoves 10 de maio ás 23:59 h. Poderán facerse inscricións individuais o día pa proba ata 30 minutos antes da saída.

4. A organización non se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.

5. Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo da proba na saída, que estará situada na Praza do Concello de O Porriño.

6. Entregaranse trofeos ós 5 primeiros de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a tódolos participantes exceptuando os chupetes, que se lle entregarán ós 6 primeiros. Así como ó primeiro equipo (clasificación pola suma dos postos dos 4 primeiros atletas) agás en chupetes.

7. Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflectido neste regulamento.

8. Cesión dos dereitos de imaxe: Durante o evento deportivo vanse tomar imaxes dos corredores e do entorno xeral da carreira. Coa inscrición dos participantes, acéptase a cesión dos dereitos de imaxe para o uso das fotografías co obxectivo da difusión da actividade nos diferentes medios de comunicación. Os datos cedidos para a inscrición serán empregados exclusivamente para a correcta organización do evento, dacordo coa Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD).

9. As categorías, orde de saída e distancias son as seguintes: (Dependendo do nº de participantes poderán agruparse categorías nunha mesma carreira).

CATEGORÍA ANOS NACEMENTO (METROS) Hora aprox.
CADETE MASCULINO 2004-2003 2750 10:30
CADETE FEMININO 2004-2003 2000 10:55
INFANTIL MASCULINO 2006-2005 2000 11:15
INFANTIL FEMININO 2006-2005 1500 11:35
ALEVÍN MASCULINO 2008-2007 1500 11:50
ALEVÍN FEMININO 2008-2007 1250 12:05
BENXAMÍN MASCULINO 2010-2009 750 12:15
BENXAMÍN FEMININO 2010-2009 750 12:25
PREBENXAMÍN MASCULINO 2012-2011 500 12:35
PREBENXAMÍN FEMININO 2012-2011 500 12:40
PITUFOS MASCULINO 2015-2014-2013 100 12:45
PITUFOS FEMININO 2015-2014-2013 100 12:48