Carreira pedestre popular”Festas do Monte”A Guarda 2013

Carreira pedestre popular”Festas do Monte”A Guarda 2013

 

 

Quecemento previo á carreira
Fotografía: Ana Bugarín

 

 

 

A Guarda recuperou o sábado un percorrido clásico, para celebrar a carreira pedestre popular “Festas do Monte”. O percorrido da proba foi dunha beleza  extraordinaria; transcorreu pola estrada da costa, coa beleza do atlántico e do pais veciño divisando o Forte de Ínsua do 1388, situado na desembocadura do río miño, na  Vila de Caminha.

A proba era de 7.350km con vento en contra que non impediu que fora unha festa. O primeiro posto foi para Óscar Vicente, triatleta profesional, que non deixa de apoiar estos eventos na súa terra.

Por parte do club participaron Diego Salgueiriño, Xosé Luís Castro, Miguel Fernández, Victor Mouriño, Xosé Salgueiriño e Isaías Burlido.

Proba ben organizada, e con moito ambiente e publico entregado.

Share this post