Final do Campionato Galego de Duatlón Escolar

Final do Campionato Galego de Duatlón Escolar

Na mañá do día das Letras Galegas, 17 de maio de 2013, celebrouse en O Carballiño o Campionato Galego de Duatlón Escolar. En total, tiñamos clasificados 13 rapaces e rapazas, dos que finalmente asistiron 11. Apenas choveu, o que sen dúbida axudou, porque a noite anterior non parou de chover.

Na proba benxamín participaron Carla Guisande, que rematou nunha meritoria cuarta posición, Diego Rodríguez e Nicolás Mazoy, decimocuarto e deciosexto, penalizados sen dúbida porque a sú bicicleta non era de estrada. Na proba alevín tivemos a Laura Mazoy, novena e Nicolás Guisande, quinto tras impoñerse na carreira a varios competidores. En infantil competían Iria Rodríguez Huertas, proclamándose campioa galega, aínda que sufriu bastante por mor dunhas molestias, Zaira Penabella, decimoterceira con problemas na bicicleta e David Burgos, décimo nunha carreira con bastante nivel. Finalmente, os cadetes Iago Sobreira, Héctor Álvarez e Carlos Vidal foron oitavo, noveno e duodécimo, quedando terceiros por equipos, facendo o que podían ante competidores de equipos que só adestran para isto e teñen un material moito mellor.

Momento en que Iria Rodríguez Huertas chega a meta.

 


Podio por equipos para Carlos, Héctor e Iago.                                                                           Iria Rodríguez Huertas, campioa galega cadete de duatlón escolar.

Suliñar a dificultade do trazado de carreira e a constatación de que hai moitos clubs que adestran os rapaces e rapazas para estas probas, polo que sen dúbida os resultados dos nosos atletas son moi bos, máxime comparando a diferencia de mateiral que temos co resto dos competidores que están arriba (hai bicicletas de moitos miles de euros, incluso en categorías de pequenos). Nós somos un club modesto, e preferimos que os rapaces e rapazas vaian descubrindo este e outros deportes pouco a pouco, e se nun futuro o desexan, adicarse ó triatlón. Xa haberá tempo de investir en mateiral e medios.

Fotografías: Juan Carlos Vidal e Fonso Conde.


Share this post