Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en A Coruña
O pasado domingo 13 de xaneiro desplazouse unha representación do Club Atletismo Porriño para participar no Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil.
Laura Alonso González, como representante benxamín feminina presentábase ás probas de 50 m. e de 500 m. en pista cuberta, acreditando unhas marcas de 9,03 s. e 2min.:05,22 s. respectivamente.
Yago López Sousa, o representante alevín masculino acreditaba unhas marcas de 1min:40,83 s. na distancia dos 500 m. e 8,60 s. en 50 m.
Laura participou na carreira de 50 e 500 m., mentras que Yago o facía nas distancias de 50 e 1000 m.
Yago comenzou coas series de 50 m., clasificándose para a final cun tempo de 8,00 s. co segundo mellor tempo da súa serie. Xa na final, foi cando Yago apretou un pouco máis logrando baixar ós 7,97 e proclamarse así Campión Galego de 50 M.
Máis tarde, na final de 1000 m. Yago proclamouse Subcampión Galego desta distancia, correndo a un ritmo de 3min:31s. o kilómetro.
Laura comenzou correndo a semifinal de 50 m. cun tempo de 8,74 s., facendo o segundo mellor tempo de tódalas series. Xa na final, volveu a repetir o segundo mellor tempo, quedando Subcampiona Galega de 50 M cunha marca de 8,57 s..
Foi na distancia de 500 m. onde Laura deunos unha alegría maior todavía, proclamándose Campiona Galega cun tempo de 1min.:45,7 s.
Toda a familia do Club Atletismo Porirño está moi orgullosa destes dous cativos. Deséxalles que sigan sendo un bo exemplo de compañerismo tal e como veñen demostrando en tódolos adestramentos. Iso é o realmente importante!.
Noraboa, Campións!!!.